Presentación da Xunta Directiva da ANPA Caramecheiro do IES
PRESENTACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA CARAMECHEIRO DO IES Nº1 DE RIBEIRA
• MARÍA JESÚS PAZ VÁZQUEZ coma Presidenta
• REBECA CAMEÁN GARCÍA coma Vicepresidenta
• RAMONA ALBORÉS MARIÑO coma Secretaria
• MARI CARMEN GARCÍA FONTAO coma Tesoureira
• Mª NÉLIDA MOSQUERA GUDE coma Vocal
• GUSTAVO LLOVO OTERO coma Vocal
• NOLI FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ coma Vocal
Queremos presentarnos e poñernos a vosa disposición para calquera cousa que poidades precisar no teléfono 634851860 por WhatsApp ou por correo electrónico anpacaramecheiro@gmail.com.
Somos pais e nais coma vos, que traballamos de forma totalmente altruísta todo o ano para representar e defender os dereitos dos nosos fillos e fillas e dos seus país/nais/titores legais, así coma ofrecer servizos que complementan a oferta actual do instituto.
➢ A ANPA proporciona representación dos pais e nais ante a Dirección do Instituto, no Consello Escolar do propio Centro e no Consello Escolar Municipal.
➢ Xestionamos un Banco de Libros de texto de empréstito propio da ANPA.
➢ Organizamos actuacións, obradoiros e actividades para todo o alumnado con contidos de gran relevancia social e cultural, coma obradoiros de música, teatro, graffitis, ioga, micro machismos… ➢ Ofrecemos actividades para as familias como a escola de pais e nais, con formación sobre acoso escolar, trastornos educativos, obradoiros de regueifa, Igualdade,…
➢ Colaboramos nas viaxes e excursións de interese lúdico e cultural que realiza o alumnado.
➢ Colaboramos con distintas asociacións da contorna coma (AECC, ANEDIA, TDAH Sanlés,...) e participamos economicamente nos premios do Certame anual de curtas da Asociación Alberto Romero.
➢ Moitas tendas e establecementos locais fan descontos para os nosos socios/as. ➢ Pertencemos a Federación de ANPAS da Coruña (FEDAPA) e traballamos coa Confederación de ANPAs de Galicia (CONFAPA-GALICIA) e de España (CEAPA).
➢ Contamos con Seguro de Responsabilidade Civil grazas a estar federados (FEDAPA). ➢ Cumprimos coa legalidade vixente, tanto en materia de protección de datos (LOPD) coma nos libros obrigatorios, rexistros e estado de contas da ANPA; sempre a vosa disposición, cumprindo cas obrigas que a lei e os Estatutos nos impón.
➢ Faremos unha Asemblea Xeral ordinaria no mes de setembro, onde presentaremos os servizos, actividades e propostas para o ano escolar que comeza.
➢ Asembleas Extraordinarias sempre que sexa preciso tratar tema de relevancia.
➢ E outra Asemblea Xeral ordinaria no mes de xuño, coa memoria de todo o feito durante o curso e coa aprobación das contas da Asociación.
Estamos nas redes sociais de Facebook e Instagram, e ademais, temos páxina web propia www.anpacaramecheiro.org e enlaces na páxina web do IES nº1 de Ribeira tendes, onde colgaremos toda a información que vaia xurdindo o longo do ano, novas, formularios, documentación, etc. A ANPA solicita subvencións ao Concello de Ribeira, á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia, pero sobre todo mantense grazas ás cotas dos Socios e Socias.
Podedes facervos socios/as por 15€ por familia/ano, mediante transferencia bancaria ao numero de conta ABANCA ES11 2080 5497 8430 4010 6755 Moitas grazas e un saúdo, A Xunta Directiva da
ANPA CARAMECHEIRO do IES Nº1 de Ribeira