Skip to Content

Lingua Galega

Recuperación 2º Bacharelato A adultos

O alumnado de 2º BAC A de persoas adultas que desexe recuperar a materia de Lingua Galega deberá presentar antes do 3 de xuño ás 24 horas os exercicios propostos. Para poder aprobar teñen que estar todos feitos e, cando menos, un 50% ben resolto.

Recuperación ESA B Módulo 4

O alumnado do grupo ESA B que desexe recuperar Lingua Galega e Lingua Castelá do Ámbito Lingüístico do Módulo 4 deberá entregar o caderno de exercicios antes do 15 de xuño ás 24.00. Para poder aprobar teñen que estar feitos todos os exercicios e, cando menos, un 50% ben resolto. É imprescindible presentar o currículum.

Recuperación ESA B Módulo 3

O alumnado do grupo ESA B que ten pendente de recuperar Lingua Galega e Lingua Castelá do Ámbito Lingüístico do Módulo 3 deberá entregar o caderno de exercicios antes do 7 de xuño ás 24.00. Para poder aprobar teñen que estar feitos todos os exercicios e, cando menos, un 50% ben resolto. Son imprescindibles os exercicios de redacción.

 

Día das Letras Galegas

NOVOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Novos criterios de avaliación

Podes consultar aquí o anexo da programación do noso departamento acorde ás novas circunstancias.

 De xeito xeral neste documento atoparás:

ACTIVIDADES 1º ESO AGRUPAMENTO IRENE RIOS

ACTIVIDADES 1º ESO AGRUPAMENTO IRENE RIOS

TAREFAS ALUMNADO DE FRAN CABAÑAS

O meu enderezo electrónico para comunicacións co alumnado é fecdiaz@gmail.com
As miñas recomendacións para os rapaces e rapazas de 2º de Bach, tanto ordinario como nocturno, son que estes días preparen os temas 9 e 10 de literatura e o 5  de sociolingüística. Teñen material para facelo.

REPASO GALEGO 1º ESO AGRUPAMENTO

No arquivo adxunto atoparedes material de traballo para este periodo de suspensión de clases.

Día de Castelao

O 30 de xaneiro, Día de Castelao, o alumnado de 4º da ESO desprazouse ata Santiago para ver a exposición "Castelao Maxistral" na Cidade da Cultura. Completamos esta actividade cunha visita ao patrimonio da USC.

 

MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016

Distribuir contido


Eventos

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
by Dr. Radut