A Consellería de Educación publicou as instrucións sobre a Orde do 6 de novembro de 2020 que regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 (axuda de 50€) xa está incluído automaticamente e non ten que presentar solicitude.
O 20 de marzo celebrouse a gala de entrega de premios do V Certame de curtas Alberto Romero. Para os que non o coñecedes dicirvos que naceu como unha iniciativa da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira no ano 2016, como homenaxe o traballo e dedicación social de Alberto Romero (1961-2015). A esta iniciativa sumáronse inmediatamente outras ANPAS e centros da contorna.
Informamos de que as notas do segundo trimestre de todo o alumnado enviaranse a través da plataforma Abalar, o venres 26 de marzo a partir das 13:40h. O alumnado que as precise en formato papel deberá solicitalas ao seu/súa titor/a antes do xoves 25 de marzo, para recollelas o venres 26 na conserxería do centro en horario de 16:00h a 21:00h.