Actividades dentro do Centro

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AO IES O MOSTEIRÓN

O pasado 3 de febreiro , a rapazada de 6º de Primaria do CEIP O Mosteirón  visitou as instalacións do Instituto e coñeceu as actividades nas que poderá participar o vindeiro curso. Máis información no blog na biblioteca A Esperela

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O equipo da biblioteca A Esperela promoveu a conmemoración do Día da Paz no instituto deseñando  esta fermosa árbore.  Nela medran pacíficas mans nas que o alumnado escribiu mensaxes solidarias .

PARABÉNS POLA FERMOSA INICIATIVA!

VI CERTAME AMOR? AMOR!.....EN 100 PALABRAS

Dende o EDLG e a Biblioteca A ESPERELA "IES O MOSTEIRON" informa á Comunidade Educativa que está aberta o prazo para participar no concurso "VI CERTAME AMOR? AMOR!...EN 100 PALABRAS".

No arquivo adxunto tedes as bases para participar. Para máis información podedes acceder ao seguite enlace: www.biblioasperela.blogspot.com

OBRADOIRO DE TEATRO NO SEGUNDO CICLO

20/12/2013 00:32
Africa/Addis Ababa

O departamento de Lingua castelá e literatura organizou esta semana dous obradoiros teórico-prácticos de teatro no segundo ciclo da ESO. Para esta actividade contamos no Centro coa presenza do actor e profesor de teatro Ramiro Neira. Tedes máis información en www.circunstancialdelugar.blogspot.com

OBRADOIRO DE CONTACONTOS A CARGO DA TROPA DE TRAPO

   
Onte , o alumnado de 1º de ESO asistiu ao espectáculo da Tropa de Trapo que leva por título A hora azul.
Trátase dunha sesión de contacontos con música, seguida despois dun obradoiro no que se traballan as técnicas de contar e a literatura de carácter oral.
Esta actividade é complementaria á programación de Lingua galega do primeiro trimeste , e ten como obxectivo ( ademais de asistir a un espectáculo ben bonito) que o alumnado aprenda a importancia da comunicación oral, os elementos que interveñen na mesma , os códigos xestuais, as diferentes recepcións que pode ter unha mesma mensaxe dependendo do emisor e do receptor... 
Todas estas aprendizaxes prácticas veñen reforzar o aprendido sobre a narración dentro das clases, ademais de servir como guía para a actividade que en breve deberá realizar o alumnado : a exposición dentro da súa aula dun conto  na que terá poñer en práctica o aprendido.
Os membros da TROPA DE TRAPO, Brais e Marta ,  souberon ademais transmitirnos con enorme sensibilidade historias doutras culturas e doutros pobos, que tan similares poden ser ás nosas en moitas ocasións . E todo iso nun clima tranquilo e agradable, que nos transmitiu moitísima paz . Estamos moi contentos de que estivesen connosco no instituto.
Pódese ver máis información sobre a actividade no blogue de Lingua galega  MORADÍAS DO VENTO  
 

RETRATOS DE SADA

Aquí tedes o video resumo do traballo de fotografía feito polos alumnos de 4º ESO ( curso 2012-13), así como a exposiciónn de fotografia "RETRATOS DE SADA" que estivo exposta na Capela de San Roque (Sada- A Coruña) 

 

 

 

Festa fin de curso 2012-2013


Xa tedes aquí os videos da festa Fin de Curso 2012 - 2013, creados polos alumnos de 4º ESO. Parabéns son magníficos

Despedida das Titoras de 4º ESO

 

 

 

 

Pietros Dance

 

 

Mal de Amores

 

 

 

 

González & Taibo

 


 

 

Visita de Fina Casalderrey

 



 

Hoxe tivemos unha visita especial , unha muller que veu para falarnos dos seus libros e conseguiu ganarnos a todos aos poucos minutos de comezar  . Con absoluta sinxeleza e modestia non parou de agradecernos a nós que a recibísemos no centro, que lésemos os seus libros, que a escoitásemos... como se nos costase traballo ou fose difícil atender a súa voz, chea  de cariño polo alumnado e pola literatura . Ao explicarnos as orixes e os contidos dos seus libros , a palabra de Fina Casalderrey soaba  a verdade, porque constantemente viaxou co seu discurso desde  os libros ata a vida e desde a vida ata os libros de novo; porque demostrou ademais a súa enorme capacidade profesional como mestra  e como escritora e porque nos fixo sentir  . As grazas son nosas e para ti, Fina. Moi de verdade.

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CON JOSÉ CARUNCHO

 

 

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

Temos o luxo de contar no noso Instituto co fotógrafo coruñés José Caruncho para realizar un obradoiro de fotografía análoxica en branco e negro. Unha fermosa experiencia sen dúbida para adentrarnos nas posibilidades da fotografía dende a concepción ata a ampliación e reprodución en papel fotográfico. Realizarase cos alumnos de informática de 4º da ESO ao longo de 4 sesións, rematando no mes de xuño. O vindeiro venres 8 de marzo dará comenzo en horario de 11.20 h ata as 14.10 h . Os alumnos xa realizaron unha primeira incursión na súa obra e plasmárona na presentación que figura abaixo, para que toda a comunidade educativa e sobre todo os que non coñecen a Caruncho, poidan facerse unha idea do seu labor fotográfico, vinculado maioritariamente a Galicia.

Ademais deste obradoiro para 4º da ESO, está proxectado facer unha práctica para os alumnos de, os cales, xa realizaron unha unidade temática dedicada á fotográfica, na materia de Educación Plástica e Visual. Nesa práctica o alumnado poderá coñecer e traballar coa cámara de placas que traerá o propio fotógrafo.

Por último queremos agradecer ao CGAI o apoio para poder levar a cabo estas actividades no noso Centro e en todos aqueles nos que se está desenvolvendo "Fotografía en curso", e que supón abrirnos a outras posibilidades de ensinar e de aprender moi cercanas ao feito cultural que nos rodea.

 

Departamento de Educación Plástica e Visual

 


 

 Podedes ver a presentación de J. Caruncho no seguinte arquivo adxunto


 

 

 

 

 

 

 


Entroido 2013

 

 

 

  Xa tedes aquí o vídeo do Entroido 2013.

 

Distribuir contido