Actividades dentro do Centro

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Trátase dunha pequena exposición dedicada á MULLER. 22 viñetas do Carrabouxo con información adicional e algúns datos que sobrecollen.

EXPOSICIÓN "A TORRE E O XARDÍN DE HÉRCULES"







torre hercules


O vindeiro LUNS 28 ás 20:00 h terá lugar na casa da cultura de Sada "Pintor Lloréns" a inaguración da exposición A Torre e o xardín de Hércules. Está prevista a asistencia ao acto do alcalde de Sada. Poderase visitar dende o día 28 ata o 31 de marzo.


Realizada polos alumnos e alumnas de 3º PDC: Héctor, Adrián, Nere, Luci, Anna, Pamela, Kathy, Marcela, Álex e Thiago. Estudo polo miúdo da historia da Torre de Hércules e dos 19 grupos escultóricos que conforman o coñecido "Xardín de Hércules".


 

Galicia: para vivírmola

O alumnado de 3º.B que está a seguir o programa de diversificación curricular "Galicia: para vivírmola", dentro do ámbito lingüístico e social, realizou a exposición "A Torre e o Xardín de Hércules". Entra nos documentos adxuntos e visita a Torre milenaria, Patrimonio da Humanidade.

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro celébrase a nivel internacional o día dos Dereitos Humanos. No IES O Mosteirón conmemoramos esa data facendo unha lectura da Declaración Universal o 22 de decembro, grazas á proposta realizada dende o Equipo da Biblioteca A Esperela. Participaron alumnos da maioría dos grupos da ESO e Bacharelato utilizando: alemán, bable, castelán, catalán, francés, galego, inglés, portugués e polaco na lectura. Grazas a todos e todas por participar!

dereitos humanos 

dereitos humanos 

Alumna de Bacharelato lendo a Declaración Universal

O Bable foi unha das linguas utilizadas na lectura 

 

CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN EN MOSTEIRÓN

Celso Fernández   Celso Fernández 2

O pasado 21 de xuño, nun dos últimos días do curso, tivemos connosco a Celso Fernández Sanmartín que nos ofreceu dúas sesións de contos .  A autenticidade e a súa capacidade para recuperar os modos da narrativa tradicional oral resultaron realmente pracenteiros para nós. O seu xeito de contar engaiolounos a todos/as .Grazas Celso.

FINALIZA A LIGA DE FÚTBOL SALA

Como en anos anteriores, este curso 2009/10, celebramos a liga interna de fútbol sala coa participación inicial de once equipos de todos os niveis.Despois da primeira volta clasificáronse os equipos de 2º A, 2º B, 3º A e 3º B, quedando na seguinte orde:

4º clasificado: Equipo de2º B

3º clasificado: Equipo de3º B

2º clasificado: Equipo de2º A (2)

1º clasificado: Equipo de3º A

PARABÉNS AOS CAMPIÓNS DE  3º A :Damián , Abel, Mauro,Alberto e Manel.

     FÚTBOL1          foto fútbol 2     

FOTOLIBRO 2010

Como no curso anterior , estase a desenvolver ao longo dos meses de abril e maio a actividade denominada FOTOLIBRO. Co obxectivo de promocionar a lectura e dar a coñecer as obras que máis nos gustan, os membros da comunidade escolar fotografiámonos co noso libro favorito, explicando nunha breve nota o motivo da nosa elección.Coas fotos decoramos o recibidor do instituto, cun grande mural.

Aos que  que aínda non se animaron  dicímoslles o lema da actividade:  

PRESUME DE LER E DÉIXATE VER!    

FOTOLIBRO 2010

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro , están programadas varias actividades no Instituto. A maioría parten da nosa Biblioteca  desde a que se propoñen varios xogos,pesquisas e tarefas para os diferentes niveis da Educación Secundaria. Aqueles profesores que queiran poderán levar aos seus grupos para participar ao longo de toda a semana.

DÍA DO LIBRO

OBRADOIRO DE CURTAMETRAXES

 

Jairo Iglesias e o equipo de Pixel Films, gañadores da I edición do Festival de Curtas de Sada, estiveron o 22 de abril no Instituto para impartir  un obradoiro sobre a produción de curtametraxes. A actividade estivo promovida desde o departamento de Plástica e Visual e dirixida aos grupos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

O vindeiro 24 de abril a partir das 20.00h. no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada terá lugar a gala da entrega dos premios do certame deste ano. Nela estrearase a curtametraxe Efectos Colaterais , realizada polos nosos convidados.

 

 


FRAN ALONSO VEU A "POETIZARNOS"

O 13 de abril, o escritor Fran Alonso estivo no noso instituto para ofrecernos unha charla sobre a súa obra "Poetízate". A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura como complemento da súa programación. Na foto vémolo ao final da súa intervención asinando libros.

FRAN ALONSO VEU A "POETIZARNOS"
Distribuir contido