Actividades dentro do Centro

O NOSO ALUMNADO REPRESENTA TEATRO CLÁSICO

O día 26 de marzo ,o grupo de 4º de ESO que cursa a materia de Cultura Clásica, ofreceunos como froito do seu traballo ao longo do trimestre ,a representación de dúas obras de teatro : a traxedia Antígona e a comedia Casina.

Estiveron ben de verdade . Parabéns. Pasámolo estupendamente véndoos actuar.

O NOSO ALUMNADO REPRESENTA TEATRO CLÁSICO

O CÓNDOR NAMORADO. UN CONTO EN CATRO IDIOMAS.

Neste curso as honras a Cupido fixéronse desde a Biblioteca. O día 12 de febreiro organizouse un acto no que  participou practicamente todo o alumnado de Secundaria. O conto titulado O Cóndor namorado, foi lido en castelán, galego, inglés e francés.

Rematada esta actividade todo aquel que quixo participou no concurso de disfraces e comparsas. Este ano o primeiro premio levárono os de 1º Bach que se caracterizaron como os SIMPSONS.

A PAZ: MÁIS QUE UN SÍMBOLO

 En conmemoración do Día da Paz , realizáronse varias actividades no Centro. O alumnado doENDL coa colaboración do departamento de Plástica  representou en grande tamaño os símbolos da paz máis coñecidos , acompañados de breves explicacións da súa orixe e significado.

A PAZ: MÁIS QUE UN SÍMBOLO

TEXTOS CONTRA A VIOLENCIA.

O ENDL seleccionou varios textos poéticos significativos por protestaren contra a violencia. Orixinariamente escritos en diversos idiomas, foron traducidos ao galego e expostos no recibidor do instituto en dous paneis.

TEXTOS CONTRA A VIOLENCIA.

CONCERTO POLA PAZ

Co gallo do día da Paz, varios alumnos e alumnas interpretaron na Biblioteca dous temas emblemáticos: A ODA Á ALEGRÍA  E IMAGINE.

CONCERTO POLA PAZ

LECTURA DE TEXTOS POLA PAZ

Léronse varios textos como alegato contra a violencia.

Señor Presidente, escríbolle esta carta, que quizais lerá se ten tempo. Acabo de recibir a miña documentación militar para marchar á guerra antes do mércores á noite. Señor Presidente, non a quero facer...

( fragmento da tradución do poema LE DESERTEUR DE BORIS VIAN)

 

LECTURA DE TEXTOS POLA PAZ

ACTIVIDADES DA SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa houbo unha exposición no Instituto de moitas das publicacións periódicas existentes en Galicia.Ademais varios grupos de 1º e 2º de ESO fixeron os seus propios xornais e varios murais . Como nesta datas tamén se celebraba o día da muller traballadora, algunhas das aproximacións á prensa fixéronse atendendo ás noticias con protagonismo feminino.

ACTIVIDADES DA SEMANA DA PRENSA

VISITA DE ROSA ANEIROS AO NOSO CENTRO

A  visita de   Rosa Aneiros foi promovida polo Departamento de Galego e o ENDL . A escritora foi gañadora no 2009 do Premio Xerais e do premio de literatura xuvenil da Fundación Caixa Galicia. Estivo no Centro o 24 de xaneiro, falándonos da  obra "Ás de bolboreta",  lida polo alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.Un privilexio! 

VISITA DE ROSA ANEIROS AO NOSO CENTRO

CHARLA PARA A PREVENCIÓN DA DROGADICCIÓN.

Os grupos de 1º e 2º da ESO recibiron ampla información sobre os riscos que poden ter as drogas. A charla organizada polo Departamento de Orientación foi impartida en horario de titoría  por membros da Garda Civil.

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Durante os días 9,10 e 11 de decembro, organizouse desde a Biblioteca un conxunto de actividades para conmemorar a declaración dos dereitos humanos.

Os/as alumnos/as do noso Centro con orixe foránea lerons nas súas linguas orixinarias algún artigo da declaración dos dereitos humanos. O resultado foi un emotivo acto plurilingüe no que houbo unha asistencia masiva e no que se demostrou o fermosa que é a diversidade. Os dereitos de todos nas linguas de todos.

Tamén se celebrou un recital de poemas feitos polos alumnos do centro, con música en directo, sobre os Dereitos Humanos. 

Distribuir contido