Actividades dentro do Centro

OBRADOIRO DE TEATRO

O Luns estivo en Mosteirón a actriz e formadora Alba Bermúdez, para impartir un obradoiro de teatro ao alumnado de 3º de ESO. Logo duns exercicios de "quecemento", a rapazada comezou a facer improvisacións guiadas pola profe. Foi unha actividade na que todas e todos participaron e que pagou a pena. O ano vindeiro repetimos!

Pódense ver as fotos da actividade no blog da Biblioteca A Esperela

 

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 

                                            

 

 Hoxe comezaron os APADRIÑAMENTOS LECTORES. Organizados desde a biblioteca A Esperela, consisten na visita dun grupo de alumnos/as de 4º de ESO  ás aulas de Educación Infantil para compartiren cos pequechos  a experiencia da lectura de contos. Trátase dunha actividade gratificante para todos, os pequeniños quedan admirados e contentos e os maiores volven todos cheos de satisfacción. Prodúcense ademais "conexións" entre eles que vale a pena presenciar.

Para ver todas as fotos visitade o BLOG DA BIBLIOTECA

MOSTEIRÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante esta semana fixéronse varias actividades no instituto en relación coa violencia de xénero. Cómpre  combater este mal da nosa sociedade, con todos os medios ao noso alcance, e a educación , sen dúbida, é unha das ferramentas máis importantes que temos para transformar esta inxustiza.

As aulas e os espazos comúns enchéronse de imaxes desgarradoras: 52 esquelas de mulleres e nenos asasinados ao longo deste ano, siluetas no chan que representan os asasinatos, lemas contra o machismo no recibidor e en todas as portas das aulas, pegatinas e lazos para as camisetas, un acto de lectura de textos co alumnado de 3º e 4º... Todo sempre é pouco para intentar crear conciencia e corrixir actitudes.

CLUB DE LECTURA ATRAPASOÑOS

 

Desde o mes de outubro, unha vez á semana, reúnense na biblioteca A Esperela os membros do club de lectura Atrapasoños. Este club de lectura nace coa intención de dar continuidade a moitas das actividades que xa se veñen realizando desde a nosa biblioteca. Pretendemos consolidar a existencia dun tempo de lecer  dedicado aos libros, e  materializalo no espazo físico da nosa biblioteca escolar  para convertela nun lugar de ocio alternativo a outros xa existentes no instituto.  O Atrapasoños é o distintivo do club, simbolizando os soños que as lecturas son capaces de facer realidade. Neste breve espazo de tempo xa levamos lidos oito relatos , sobre os cales o alumnado opinou e compartiu impresións. Para seguir a actividade do club podedes consultar o seu blogue

 

REPORTAXE NO PAÍS SOBRE A NOSA EXPERIENCIA NO PROXECTO CINED

O noso instituto foi obxecto dunha reportaxe realizada polo períodico de ámbito estatal EL País, debido á nosa participación no proxecto CINED de cooperación europea.  Podedes lela premendo neste enlace 

 

 

 

ENTROIDO 2017

Quedan aquí algunhas imaxes do Entroido deste ano 2017. Coma sempre foi unha festa moi divertida, chea de creatividade e con grandes actuacións! Parabéns aos que a fixeron posible!

 

PREMIOS NO CONCURSO "AMOR? AMOR! EN 100 PALABRAS"

 

Hoxe, 14 de febreiro, entregáronse os premios do concurso de microrrelatos convocado desde a biblioteca do centro. Nesta fotografía pódense ver os gañadores cos seus premios. Moitos parabéns!  Máis información aquí

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 

Comezan de novo este curso  os apadriñamentos lectores.Esta actividade promovidas desde a biblioteca A Esperela consiste en ir ás aulas de educación infantil do CEIP, con alumnado voluntario de cuarto de ESO, e contar contos de forma individual aos cativiños. É realmente bonito ver aos rapaces máis grandes provocando a emoción dos cativiños!

Ver as fotos aquí

Distribuir contido