Actividades dentro do Centro

PROXECCIÓN DA PELÍCULA "A CASA DA LUZ"

 

O noso instituto tivo o privilexio de poder contar coa pre-estrea  da longametraxe infantil A CASA DÁ LUZ, adaptación da novela de Xabier Docampo, que será levada ao cine polo produtor Xosé Xoan Cabanas Cao e o director Carlos Amil.
Agustina Bentos, Sheila Carbia, Jorge Taboada, Javier López, Claudia Peña e Antón Sampedro interpretarán no filme a Alicia, Alba, Amadeo, Álvaro, Lucrecia e Anxo, o grupo de amigos sobre os que xira o argumento.

Despois da peli o alumnado de 1º e 2º de ESO tivo a oportunidade de falar cos actores protagonistas , co director e co produtor . Unha sorte!

Desde o Departamento de Galego está previsto completar esta actividade coa lectura da obra de Xabier do Campo e a súa visita ao Centro.

PROXECCIÓN DA PELÍCULA "A CASA DA LUZ"

REPRESENTACIÓN TEATRAL DA OBRA "A PARÁBOLA DA RA"

           

O día 9 de novembro contamos no noso instituto co grupo Malapécora teatro que veu para nos representar a obra  A parábola da ra.

Á representación no salón de actos  puido asistir todo o alumnado da ESO e do Bacharelato. É unha comedia sobre o cambio climático,que nos fixo rir ao tempo que convidaba á reflexión sobre a necesidade de coidarmos o planeta.

           

REPRESENTACIÓN TEATRAL DA OBRA "A PARÁBOLA DA RA"

OBRADOIRO DE BEATBOX E RAP

O día 18 de decembro organizouse unha sesión de hip hop e beatbox desenvolta polos artistas Martín Lourenzo e Carlinhos Gende, pertencentes ao grupo Machina. Explicáronlles aos rapaces (en dúas sesións de hora e media) as orixes destas formas musicais, déronlles pautas para animalos a crear e logo implicáronos na práctica das súas composicións.

A actividade organizada desde o ENDL ten como obxectivos dar a coñecer ao alumnado a posibilidade real da composición de música moderna en galego e facer unha iniciación nos procedementos de composición de rimas.

Destinatarios:

Alumnado de 3º e 4º de ESO.

OBRADOIRO DE BEATBOX E RAP

OBRADOIRO DE CÓMIC CON SANTI GUTIÉRREZ

  Recibimos a Santi Gutiérrez no Instituto o día 23 de novembro.O alumnado de 4º de ESO participou na creación dun cómic inventando unha historia á que o ilustrador ía dando vida cos seus debuxos. A actividade foi realizada polos departamentoe de Lingua Galega e Plástica.

Santi Gutiérrez dedícase profesionalmente ao debuxo dende 1993. Realiza diariamente dende entón viñetas de humor gráfico e caricaturas de prensa para multiples cabeceiras .Ilustra artigos, reportaxes, libros e cómics para revistas e editoriais; e realiza debuxos de campañas gráficas e animación para empresas de publicidade e produtoras de audiovisual. É membro fundador do estudo Baobab e presidente da AGPI dende xaneiro de 2008.

OBRADOIRO DE CÓMIC CON SANTI GUTIÉRREZ

MANDALA OUTONAL

Coa axuda da profesora de Plástica , o alumnado do ENDL creou unha mandala cos froitos do outono para ambientar o Samaín e dar a coñecer o nomes de árbores e froitos autóctonos.

MANDALA OUTONAL
Distribuir contido