Actividades dentro do Centro

OUTRA VISITA DE JOAN MANUEL GISBERT

00/00/
Array

 

O alumnado de segundo de ESO tivo hoxe un encontro co escritor catalán Joan Manuel Gisbert, autor das lecturas obrigatorias deste primeiro trimestre: Escenarios fantásticos e Cinco cuentos sobre Velázquez.

O narrador, que xa nos visitara no curso pasado, conversou cos alumnos e escoitou os textos que estes escribiron a partir da lectura dos seus libros.

IMPROVISACIÓN TEATRAL

00/00/
Array

 

 

Hoxe, o alumnado de primeiro ciclo de Secundaria participou no salón de actos do instituto dun espectáculo de improvisación teatral a cargo do grupo de teatro Los Duguis. Os alumnos, que participaron de forma activa durante toda a función, prepararan o día anterior unhas frases sobre as que as tres actrices improvisaron o seu texto. Unha experiencia interesante.

Se queredes saber máis sobre a improvisación mirade o blogue de terceiro.

VISITA DE FERNANDO MARÍAS

00/00/
Array

Grazas ao Departamento de Lingua castelá e Literatura, onte contamos na Esperela coa visita do escritor, editor e guionista Fernando Marías. O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato lera dous dos seus libros: Zara y el librero de Bagdag e El silencio se mueve e tiña moito interese en coñecelo e en facerlle algunhas  preguntas.

O autor falou con alumnado e profesorado da morte, da guerra, do medo e sobre todo do amor, que pode derrotar todo o anterior.

 

 

A visita resultou un éxito e todos quedamos con ganas 

de probar a súa tortilla...

A ESPERELA COS DEREITOS HUMANOS - 10 DECEMBRO 2011 - LXIII ANIVERSARIO


Exposición da Declaración Universal dos Dereitos Humanos comentada por ilustradores. A partir do venres 9 no recibidor.

                               


CINE DOCUMENTAL EN ESPAZO CINEMA:

Proxección de Invisibles (Médicos sen Fronteiras: un percorrido polos conflitos esquecidos)

LUNS 12 - 12:10: Cartas a Nora. Dir. Isabel Coixet.

MARTES 13 - 10:10: Crímenes Invisibles. Dir. Win Wenders.

MÉRCORES 14 - 10:10: Buenas noches, Ouma. Dir. Fernando León de Aranoa.

XOVES 15 - 10:10: La única medicina. Dir. Mariano Barroso.

VENRES 16 - 10:10: La voz de las piedras. Dir. Javier Corcuera.

Esperamos comentarios en www.biblioaesperela.blogspot.com

 

Que son os Dereitos Humanos ?


   

NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS

 

Por fin puidemos admirar a marabilla de curta que fixeron os do EDLG, pon a pel de galiña!!!!!! 

Noraboa a todos!!!

Máis información aquí: http://edelingua.blogspot.com/

 

CURTAMETRAXE TOMAS FALSAS

PROXECCIÓN da CURTAMETRAXE "NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS"





O vindeiro venres, día 2 de decembro, no 1º recreo, estrea mundial do filme Na oficina de obxectos perdidos, de Édelingua producións audiovisuais, realizada por Javier González Garrido e interpretada por Miriam Gudiña Esmorís e Damián España Vieito. Non faltes. Debido á pouca capacidade do Espazo cinema (60 butacas) farase un segundo pase no 2º recreo.

RAP CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como parte das actividades realizadas no centro para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o EDLG está proxectando varias curtametraxes nos recreos  ao longo desta semana . O alumnado de Bacharelato puido asistir á proxección da película Te doy mis ojos coa posterior participación nunha mesa redonda, na que compartimos necesarias reflexións sobre un mal tan serio na nosa sociedade.

Parabéns e grazas a todo o alumnado que dedicou parte do seu tempo de recreo á colaboración nestas actividades .
Este luns, varios compañeiros e compañeiras fixeron unha pequena representación (performance) tamén sobre a violencia de xénero. Para isto previamente o alumnado de 4º de ESO compuxo o seguinte rap:

Hoxe el tamén o fixo,
el nunca pode parar,
bate nela sen prexuízo
e ela chora sen cesar.
Ela dille BAS   TA
el non pode PA   RAR
El nunca lle dá importancia,
sempre a ignora , que máis dá
bate nela , malla e malla
e ela chora sen cesar.
Ela dille BAS   TA,
el non pode PA   RAR.
Pero hoxe todo cambia
hoxe todo vai cambiar,
Imos todos axudala,
a súa vida  ha mellorar.
       Ela dille BAS    TA,
el non pode PA    RAR
Cando el volva buscala
Boa sorpresa vai levar,
Deixará a vida pasada,
Ela xa non vai estar.
       Ela dixo BAS    TA!
ela puxo FI     NAL.

 

 

Máis información en: http://edelingua.blogspot.com/

CRISPÍN D´OLOT EN MOSTEIRÓN !

00/00/
Array

 

Para conmemorar o nacemento de Afonso X no día de hoxe de 1221 e grazas aos Departamentos de Música e Literatura Castelá (coa colaboración da ANPA), hoxe tivemos no noso instituto o famoso Crispín D´Olotun trobador e xograr que interpreta, declama e canta, acompañado de instrumentos musicais tradicionais, dando vida a unha coidada escolma de poesías e textos cultos e populares de forma nova, pracenteira e didáctica.
Crispín D´Olot trouxo o seu orixinal espectáculo Versos y Bardos: un viaje a través de la literatura en lengua castellana, no que fai de lazarillo para guiar o espectador dende as orixes das literaturas románicas.
Tivemos dúas representacións, unha para 1º ciclo e outra para 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

ESPAZO CINEMA

ESPAZO CINEMA é un proxecto do IES O Mosteirón que xorde pola iniciativa do EDLG ao crearédelingua producións audiovisuais.

ESPAZO CINEMA quere converterse nun foro alternativo á indiferenza, á preguiza, ao vandalismo, á intolerancia…
ESPAZO CINEMA ofrece cine, música, imaxe, palabras…
ESPAZO CINEMA defende os ideais de xustiza, solidariedade, educación, respecto, liberdade…
ESPAZO CINEMA quere darlle saída ás túas iniciativas culturais e artísticas.
ESPAZO CINEMA SOMOS TODOS.



O 21 de novembro, ESPAZO CINEMA iniciou a súa programación coa proxección do filme O ente. Despois, durante toda a semana,  teremos unha programación variada para loitar contra o maltrato ás mulleres. 

JOAN MANUEL GISBERT

00/00/
Array

 

Os alumnos de 2º de ESO disfrutaron hoxe na Esperela da visita do escritor Joan Manuel Gisbert, autor das lecturas que fixeron este trimestre: Escenarios fantásticos Cinco cuentos sobre Velázquez. 
Falou de maxia, da súa paixón pola literatura, da fantasía... e tamén contestou a moitas preguntas e escoitou con atención relatos escritos polos nosos alumnos... Unha visita moi completa e divertida. GRAZAS!

Mirade as fotos que fixemos!

Distribuir contido