OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CON JOSÉ CARUNCHO

 

 

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

Temos o luxo de contar no noso Instituto co fotógrafo coruñés José Caruncho para realizar un obradoiro de fotografía análoxica en branco e negro. Unha fermosa experiencia sen dúbida para adentrarnos nas posibilidades da fotografía dende a concepción ata a ampliación e reprodución en papel fotográfico. Realizarase cos alumnos de informática de 4º da ESO ao longo de 4 sesións, rematando no mes de xuño. O vindeiro venres 8 de marzo dará comenzo en horario de 11.20 h ata as 14.10 h . Os alumnos xa realizaron unha primeira incursión na súa obra e plasmárona na presentación que figura abaixo, para que toda a comunidade educativa e sobre todo os que non coñecen a Caruncho, poidan facerse unha idea do seu labor fotográfico, vinculado maioritariamente a Galicia.

Ademais deste obradoiro para 4º da ESO, está proxectado facer unha práctica para os alumnos de, os cales, xa realizaron unha unidade temática dedicada á fotográfica, na materia de Educación Plástica e Visual. Nesa práctica o alumnado poderá coñecer e traballar coa cámara de placas que traerá o propio fotógrafo.

Por último queremos agradecer ao CGAI o apoio para poder levar a cabo estas actividades no noso Centro e en todos aqueles nos que se está desenvolvendo "Fotografía en curso", e que supón abrirnos a outras posibilidades de ensinar e de aprender moi cercanas ao feito cultural que nos rodea.

 

Departamento de Educación Plástica e Visual

 


 

 Podedes ver a presentación de J. Caruncho no seguinte arquivo adxunto


 

 

 

 

 

 

 


AdxuntoTamaño
Presentación JOSÉ CARUNCHO.ppt7.82 MB