Skip to Content

Automatización e supervisión cun prototipo de robot de seis eixes

Proxecto premiado na Modalidade A na resolución do 24 de marzo de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O noso proxecto trata de reproducir o funcionamento dun robot clasificador de pezas dentro dunha liña de produción, traballando nun espazo pechado e con control de acceso, vixiado permanentemente mediante cámaras con acceso desde internet. Toda a montaxe, circuitería de control e programación foi elaborada por alumnos do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico, orientados e axudados polos profesores responsables do proxecto. 

 



panel | by Dr. Radut