Skip to Content

Entrenador de fibra óptica para a ICT2

Proxecto premiado na modalidade B na Resolución do 24 de novembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O proxecto consiste en fabricar o prototipo dun entrenador para instaladores de fibra óptica nas infraestruturas comúns de telecomunicacións dos novos edificios multipropietarios. Un entrenador imprescindible para os modulos de ICT da familia de Electricidade-Electrónica. Este prototivo debe ser facilmente empaquetable para transportar (e así compartir) entre talleres e entre Centros. Este entrenador estará deseñado para implementar instalacións de FO con enlaces mecánicos.



panel | by Dr. Radut