Os criterios de Avaliación para a Materia de Física e Química de 3º ESO serán os seguintes:
Os/as alumnos/as que teñades as dúas primeiras avaliacións aprobadas levaredes como nota final a media desas dúas avaliacións. Isto será así, sempre que entreguedes os traballos que vos vaia pedindo.
Se alguén quere subir esa nota, poderá facer un vídeo individual relacionado coa Materia. O antedito vídeo deberá ter un mínimo de calidade nas súas explicacións, e poderá incluír varios experimentos. O prazo de entrega será, como máximo, até o día 30 de maio.
Os/as alumnos/as que teñan algunha Avaliación suspensa deberán entregarme realizados, os boletíns que colocarei na páxina web do Centro. As datas de entrega terán, como tope máximo, os seguintes días :
1ª Avaliación: Maio
Boletín 1 – Martes 12
Boletín 2 – Martes 19
Boletín 3 – Martes 26
2ª Avaliación: Xuño
Boletín 4 – Martes 2
Boletín 5 – Martes 9
Un saúdo