Punto Laranxa contra o acoso escolar

Física e Química

ESTUDO DA CONTAMINACIÓN ACÚSTICA NA CONTORNA

 

O martes 21 de decembro o alumnado de 4.º ESO C que cursa a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional realizou medicións de sonoridade nas rúas Hospital e Disciplina, ambas as dúas situadas na contorna do instituto. O obxectivo das medicións é determinar se as rúas situadas nos arredores do instituto teñen niveis de sonoridade causados polo tráfico por riba dos 65 dB (decibelios), nivel considerado pola Organización Mundial da Saúde como límite inferior a partir do cal se considera que hai contaminación acústica.
Para facer as medicións, o alumnado empregou a App "Physics Tollbox Sensor Suite", e sensores de son de Pasco e LEGO.
A actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta "Mobilidade sostible e segura" na que participa o centro educativo, e que ten como finalidade concienciar á comunidade educativa sobre o uso de medios alternativos de transporte seguros e non contaminantes.
 

SORTEO DUNHA BICI!

 

Ademais do "Quiosco", nos últimos días esta bicicleta preside a vitrina da entrada do instituto. A pregunta é...Por que temos unja bicicleta decorada de Nadal no instituto?
Esta bicicleta é a recompensa que podes ter a final de curso por asistir a clase en VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal). Como tes que facer?
1. Vir ao centro nun VMP (bicicleta, monopatín, patíns, patinetr, etc.).
2. Achegarte nos 10 primeiros minutos do recreo ao Quiosco.
3. Cubrir o teu boleto para participar no sorteo. Cantos máis boletos cubras, máis posibilidades tes! Podes cubrir un por cada día que veñas nun VMP.
Lembra! Todos os días nos 10 primeiros minutos de recreo.
 

APARCADOIRO VMP

Outra das actuacións é este aparcadoiro VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal). Aquelas persoas que veñan ao centro en patinete eléctrico poden aparcalo ao fondo do corredor de Vicedirección-Secretaría. Ademais, existen enchufes para quen precise cargar o seu patinete.

VER BLOG ECOZALETA

APARCADOIRO BICIS

Unha das primeiras actuacións dentro do proxecto de "Mobilidade Sostible" foi acondicionar o pavillón para que quen queira poida vir ao centro en bicicleta e deixala ben "aparcada" . Se tes interese usar este aparcadoiro, fáinolo saber e explicarémosche como acceder.

VER BLOG ECOZALAETA

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE

 

Un grupo de profesorado dos departamentos de Educación Física, Física e Química, e Comercio e Márketing está a participar este curso nun proxecto de "Mobilidade sostible". As principais liñas de actuación dentro do proxecto son:
✅ Proposta de intervención urbanística
✅ Recuperación de espazos
✅ Intervención e cambio nos hábitos de desprazamento do alumnado
✅ Estudo do impacto medioambiental do abuso dos vehículos de combustión
interna e os seus efectos sobre la saúde pública
Toda a información está dispoñible en:
⚠️Nas últimas semanas xa se puxeron en marcha algunhas actuacións. Permanecede atentos e atentas que de seguido vos contamos máis cousiñas ⚠️

FRASES PARA UN ANO DE COVID-19

O Departamento de Física e Química, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Club de Ciencia e Tecnoloxía, preséntanos a través deste vídeo a actividade realizada conxuntamente por 2º e 3º de ESO. Dita actividade consiste en realizar frases relacionadas coa COVID-19 utilizando os símbolos dos elementos químicos para: expresar as súas emocións tras un ano de pandemia, fomentar a prevención da transmisión  con suxestións, animarnos con frases optimistas, etc. Os traballos realizados amosaranse a través dunha exposición no centro.

LIGAZÓN AO VÍDEO DE PRESENTACIÓN

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer