Punto Laranxa contra o acoso escolar

ACTIVIDADES DE MELLORA DA CONTORNA

O alumnado de 2º da ESO continúa nos mediodías dos martes realizando actividades de adecentamento do patio. Unha das súas últimas actuacións consistiu en pintar de branco o muro da pista de fútbol e colocar nel macetas con flores. Nesta parede había un mural realizado no curso 2016/17 na materia de Debuxo que foi estragado con pintadas varias realizadas sen permiso de ningunha clase.

    

 

PROGRAMACIÓNS DUAL CM COMERCIO ALIMENTARIO

CM DUAL COMERCIO ALIMENTARIO

CICLO SUPERIOR DUAL XESTIÓN DE VENDAS E ESPACIOS COMERCIAIS

CICLO SUPERIOR DUAL XESTIÓN DE VENDAS

BO NADAL E FELIZ 2020!

Desde o IES Ramón Menéndez Pidal queremos desexarvos un Bo Nadal e un mellor 2020. Que a ilusión e a alegría que estes días nos invaden sexan as nosas compañeiras de rutinas e aventuras no novo ano que comeza. 

 

  

 

PROGRAMA ERASMUS+

Publicada a resolución provisional da comisión avaliadora do proxecto 2019-1ES01-KA103-062725 PRAXEUROPA. Consulta a información no blog de Proxectos Europeos.

ROTEIRO EN BICICLETA

Nuns momentos nos que o futuro do clima se decide en Madrid, en Zalaeta estamos convencidos de que non hai variñas máxicas, senón que o cambio pasa por unha transición nos nosos hábitos para deste xeito camiñar cara a un mundo máis sostible. O Departamento de Educación Física propuxo esta actividade en bicicleta para así exercer a responsabilidade pola nosa saúde e o compromiso medioambiental. Máis información no blog "Movendo o cu!".

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer