Resultado de imagen de logo fse en galego

Emparellamentos Campionato Baloncesto 3*3 nos recreos

Emparellamentos da liga interna de baloncesto en adxunto

Ver las imágenes de origen

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR

 O próximo día 27, en horario de 19:00  a 20:00 horas, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES.

          Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

A dirección deste IES anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo martes, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

LENDO "O CARTEIRO DE BAGDAD" NO MUSEO DE BELAS ARTES

Museo de Belas Artes Ttwitter

Narrando mitos. =

Grazas ao Museo de Belas Artes por colaborar con nós. Un grupiño de nenos de 1º de ESO acompañados das Veónica e Conchi estiveron aprendendo a ler entre liñas o libro "O ladrón de Bagdad" e aprendendo a mirar A Tablilla de Rubéns onde está Dédalo contemplando O laberinto co Minotauro.

Ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia. Director e pianista Andrew Litton.

O pasado venres 16 de Novembro os alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que cursan Música asistiron ao ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a batuta do director e pianista Andrew Litton. As obras foron Raphsody in blue, de G. Gershwin e Der Rosenkavalier, suite, de R. Strauss.

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de candidaturas de pais/nais do 5 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste IES fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

 

1.- Mª José Otero Vaamonde

 

    Segundo o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996)  corresponde elixir no presente proceso electoral a UN  pais/nais, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous  representantes de pais/nais continúan como consecuencia  un da súa elección anterior no ano 2016, e o outro é nomeado pola ANPA.

 

    Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais para o Consello Escolar do 27 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 17 ao 25 de novembro, ambos días inclusive.

 

    O que se fai público para xeral coñecemento.

 

                                                 A Coruña ,a 16  de novembro de 2018

MARKER FAIRE GALICIA

O vindeiro 24 de novembro o noso club Zala Tecno asisitirá á Maker Faire Galicia para presentar os nosos deseños de obxectos de axuda imprimibles e participar nos eventos Maker.

Máis información na web de Zala Tecno
Páxina da Maker Faire Galicia: https://galicia.makerfaire.com/
 

Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.

Un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos.

 

Asistirán alumnos-as de 3º e 4º de ESO todo o día.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer