Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

VISITA DE ALUMNADO E PROFESORADO DE RENNES (FRANCIA)

Comezamos unha semana moi internacional: desde hoxe visítannos 39 alumnos e alumnas e 4 profesores do Lycée Jean Macé de Rennes (Francia). Ao longo destes cinco días  desfrutarán de diversos talleres co alumnado de Comercio Internacional, así como dunha chea de actividades culturais e visitas a empresas, entre outras cousas. BIENVENUE A LA COROGNE!

MULLER E CIENCIA

Exposición Muller e Ciencia, enmarcada nas actividades que se desenvolven nos centros co motivo da iniciativa 11F, "Día da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxía" e dentro do programa de charlas e actividades promovidas polo club de ciencia Zalatecno.

Máis información no blog de Zalatecno.

 

TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO

Dous equipos formados por alumnas de 2º da ESO participaron nos últimos días en tres dos debates organizados pola Escola de Oratoria Talkk e a Fundación Barrié. Unha experiencia do máis enriquecedora para fomentar as relacións interxeneracionais con outros alumnos e alumnas e practicar a oratoria.

 

 

Viaxe a Londres 4º ESO. Nº de conta de ingreso e presuposto definitivo.

En adxunto remitimos datas definitivas e custo segundo a información facilitada por El Corte Inglés:28 de marzo a 1 de abril

A data tope de ingreso será o mércores 12 de febreiro para coñecer realmente o número de interesados. Tal e como dixemos na reunión, de non chegar a 20 alumnos a excursión non poderá facerse. A cantidade en forma de sinal para mostrar o seu interese: 85 euros.  

Se o ingreso é feito a través de ABANCA non haberá problema en que sexa reingresado da mesma maneira se a excursión finalmente non se fai. De ser doutro xeito os cartos serán devoltos a través de talón en man no despacho do Secretario.

 

Número de conta do centro: ES21 2080 0000 7330 4014 7418

Concepto: Nome do alumno e apelidos-Londres

Cantidade: 85 euros

Resultado de imagen de viaje a londres

EXPOSICIÓN CONVERXENCIAS, ARTE E CIENCIA

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO que cursan Matemáticas Académicas asistiron o 24 de xaneiro á inauguración da Exposición Converxencias, Arte e Ciencia. A actividade, que tivo lugar no centro Ágora, consisitiu nunha presentación sobre Juan Gris e as obras de arte dixital en 3D que se completou con obradoiros prácticos. Esta saída estivo organizada polo Departamento de  Matemáticas. As profesoras Almudena, Luisa e Victoria acompañaron ao alumnado.

 

VISITAS A PULL&BEAR

Alumnos e alumnas de 1ºCS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, e de 2ºCM de Actividades Comerciais realizaron sendas visitas á sede de Pull&Bear.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer