Skip to Content

Fondo de Libros

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO FONDO DE LIBROS DE TEXTO

Data: 14 de xullo de 2017,

Publicamos de acordo coa Orde do 16 de maio de 2017(DOG do 22/05/2017), o listaxe de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto:

Listaxe Admitidos

Listaxe Excluídos

De acordo coa normativa, dispoñénse de dous dúas (Luns 17 e Martes 18 de xullo)  para facer alegacións ós datos publicados.

Aclaracións:

  1. Na listaxe poden ver o número de libros que o centro lle vai asignar en Setembro, pero non as materias dos libros que se lle van a asignar, polo que de momento non deben mercar ningún libro, si é que aparecen na listaxe providional de Admitidos.
  2. Ata o 15 de Setembro non sairán as listaxes definitivas, co número de libros asignados e as materias dos libros.
  3. O alumnado aparece como "Condicionado a existencia de matrícula e/ou devolución de libros", ben porque todavía non devolveu todos os libros xa que  ten materias para setembro ou porque o centro todavía non realizou o proceso informático de matrícula do alumno.
  4. O alumnado que aparece na listaxe como "Pendente das existencias de setembro", é alumnado o que non lle corresponden Libros do fondo de libros, pero que se  en setembro sobrasen exemplares no centro, a aplicación informática que xestiona o Fondo de Libros, lle podería asignar algún libro a este alumnado. Pero de novo isto non o saberemos ata o 15 de Setembro.

A dirección do Centro

Libros de Texto do Curso 2017/18

Aquí podedes consultar o Listado dos Libros de Texto para o curso 2017/18

O vindeiro 14 de Xullo publicaremos na web, e no centro, a listaxe provisional dos alumnos admitidos e excluídos do Fondo de Libros, onde poderán ver o número de libros que lle corresponde a cada alumno.

Lembrar a todos os que solicitaron pàrticipar no Fondo de Libros, que ata Setembro non deben mercar ningún libro xa que, ata o 15 de Setembro non teremos as listaxes definitivas co numero de libros, e a asignatura,  que lle correponden a cada alumno.

 

A Dirección

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017-2018.

Ven de publicarse na orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ó alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018. A citada orde pódese consultar en:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/dog_convocatoria_fondolibros_axudaslibros_e_material_escolar.pdf

Aquelas persoas que desexen participar neste proceso deberán presentar a solicitude ata o 23 de xuño de 2017

Presentación de solicitudes:

q  A solicitude será única para tódolos fillos que estean matriculados no mesmo centro docente para o curso 2017-2018.

q  As solicitudes deberán presentarse en papel no Centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procendemento administrativo común, utilizando o formulario disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Este formulario tamén estará disponible en http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_-_ed330b_-_solicitude_1.pdf e na secretaría do Instituto.

q  O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2017-2018 e formalice a matrícula no curso de ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario e a solicitude para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes dende a formalización da matrícula.

Documentación:

Na solicitude deberá figuarar o permiso a que a administración comprobe os datos das familias, en caso de que alguén desexe que non se produza esa comprobación deberá aportar toda a documentación que aparece na orde. Para aquelas persoas que permiten esta  comprobación a documentación aportada será a solicitude cuberta e o libro de familia.

Tipos de axudas:

q  Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

q  Axudas para adquirir material escolar destinadas ó alumnado matriculado en ESO.

Fondo solidario de libros:

A asignación de libros de texto farase en función dun listado en función da renda per cápita familiar:

q  Rentas per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ o alumno/-a terá dereito a 6 libros de texto.

q  Rentas per cápita familiar superior a 5.400€  e igual ou inferior a 9.000€ o alumno/-a  terá dereito a 4 libros de texto.

q  Ó alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ó 65%, terá dereito a 6 libros de texto con independencia da renda.

Condicións para acceder ó Fondo Solidario de Libros:

q  Presentar a solicitude.

q  Cumplir as condicións que establece o decreto.

q  Ter devolto EN BO ESTADO os libros presatados no curso 2016-2017.

Axudas para a adquisición de material escolar:

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado na ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ será de 50€

Publicación das listas provisionais e definitivas e entregas de vales:

q  Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas: 14 de xullo.

q  Publicación de listaxe definitiva: 15 de setembro.

 

q  Entrega de libros: do 15 ó 29 de setembro.

 

XEFATURA DE ESTUDIOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut