Biblioteca

Revistas escolares

Pais/Nais

Inglés

PROGRAMACIÓN CURSO 2018/19

No seguinte enlace está a programación didáctica do Departamento de Inglés para o curso 2018/19.

Profesorado:

Castro Romero, Adela

Cernadas Iglesias, Ana María

MÉNDEZ SOUTO, ELVA

Rabuñal Corgo, María Jesús

Richer Arias, Pilar (Xefa de departamento)

Viña Vilas, Mª Isabel

 

Global warning

Here are some videos about real natural disasters so that you´ll be able to practise listening comprehension, to revise vocabulary on that topic, and even to get some practice on the Passive Voice. I hope it´ll be useful to you and I wish you would realize from the experience how much you can understand. Maybe from now on you can begin to watch the news in English. At the same time it´s food for thought: is it just a coincidence, is it only natural, or are we spoiling the Earth through global warming? Should we take it as a warning, and do something about it before it is too late? Can all of us change our everyday habits to help change the trend?

Lithuania

      Custou un pouco, pero aí a temos: a partir de agora podedes acceder por medio deste link á Presentación de Egis sobre o seu país, que ata a súa chegada era un gran descoñecido para a maioría de nós, e que agora, grazas á súa personalidade, e tamén do seu coidado traballo, sentimos máis preto. Sorprendeunos a moitos atopar curiosas semellanzas en pequenos detalles da nosa vida cotiá. Welcome to Galicia, Egis! E grazas por todas as túas achegas! E desculpas a todos vós pola tardanza: disque máis vale tarde que nunca ...!


www.slideshare.net/rezignacija/presentation-of-lithuania-to-spanish-students

Christmas in Lithuania

      Aquí outro exemplo do ben facer do noso Egis, que aproveitando unha festividade de tanto relevo nos nosos dous países, quixo darnos as claves de devandita celebración na súa terra. De novo atopamos con asombro similitudes malia a distancia, e tamén diferenzas, como que teñan dous días de Nadal! Descubride vós mesmos as demais! 

Educational system in the United Kingdom and Lithuania

      Aquí temos un exemplo do interesante e útil traballo do noso lector lituano, Egis, que neste caso nos dá a coñecer o sistema educativo no seu país, e de paso no Reino Unido. Aconséllovos que tentedes atopar semellanzas e diferenzas, e ver que aspectos positivos e negativos ten cada opción. Que viva a diferenza, que lonxe de afastarnos axúdanos a valorar o que temos e a apreciar o valioso nos demais!

Mínimos esixibles e criterios de avaliación-cualificación

      Quedan á vosa disposición os mínimos esixibles e os criterios de avaliación-cualificación por niveis. En caso de dúbida, é aconsellable perdir a explicación á profesora correspondente.

Lazy bones

     O noso lector lituano, Egis, ten xa deixado pegada entre nós de moitos xeitos: aquí unha mostra, en forma de receita de cociña moi sinxela, coa que os máis inexpertos cociñeiros - e a súa familia e amigos - poderán quedar como verdadeiros reis. Grazas, Egis. E bo proveito a todos vós! Ánimo, que en 20 minutos está listo! A mágoa - e/ou o mellor - é que en 5 desaparece da bandexa!

Primeiro Premio 1º-2º ESO Concurso Literario - Curso 2009-10

     Aínda que tarde, ofrecémosvos a oportunidade de gozar coa lectura dun texto elaborado por unha compañeira sobre un tema sempre de actualidade e que nos atinxe a todos, pero cun punto de vista diferencte que nos pode facer pensar un chisco: a amizade. En que grupo nos atopamos? Que vos guste, e que vos sexa útil!

DEPARTAMENTO INGLÉS

 

DEPARTAMENTO DE INGLÉS 

O Departamento de Inglés quere ofrecervos algún material de interese cultural e/o lingüístico e que pode servos de utilidade para mellorar a vosa competencia en devandita lingua. Sería aínda máis enriquecedor se os alumnos achegasen ideas e/ou material de cando en vez para complementar o elaborado ou atopado polo profesorado. Agradecéndovos por adiantado a vosa colaboración, un cordial saúdo a todos vós, e lembrade que calquera crítica ou suxestión é benvida tamén.

Nesta ocasión trátase da presentación en PowerPoint elaborada pola lectora polaca coa que temos o gusto de contar este curso (aínda que só sexa ata finais de Febreiro) no noso Centro. Consiste nunha serie de imaxes e textos sinxelos sobre a cultura británica. Deste xeito poderedes vela cantas veces vos pareza oportuno e daquela ampliar o voso vocabulario e os vosos coñecementos sobre o Reino Unido. E sobre todo poderedes desbotar certos estereotipos que todos nós temos sobre o tema.