Biblioteca

Revistas escolares

Pais/Nais

Lingua galega e literatura

PROGRAMACIÓN CURSO 2018/19

No seguinte enlace está a programación didáctica do Departamento de Lingua Galega e Literatura para o curso 2018/19.

Profesorado:

Echeverri Caamaño, Ramón

Gabín Pardiñas, Carmen

Galán Rapp, María Cristina (Xefa de departamento)

Martínez Paz, Gracia

RECAREY CANDELA, ALEXANDRA

Rodríguez Vázquez, Isabel

Seara Domínguez. MªTeresa

Proxecto Terra 2014-15

Identidade territorial e cultural: Galicia-Norte de Portugal       

 

     O Departamento de Lingua galega e o de Ciencias sociais sumamos, unha vez máis, os nosos obxectivos e traballo.

     Co fin de integrar, co labor que desenvolvemos a través das actividades realizadas polo alumnado participante ao longo de todo o curso,  o traballo da unidade didáctica “Identidade territorial” como actividade complementaria ás nosas programacións didácticas, completámolo tamén coa visita a Guimaraes, como está previsto polo Proxecto Terra.

     O resultado foi, tamén nesta ocasión, unha experiencia enormemente positiva e enriquecedora para o noso alumnado, a maioría dos/as cales repetían unha e outra vez como síntese das súas impresións “o moito que aprenderon e o ben que o pasaron”. Pode caber maior satisfacción para nós, como educadores, que conseguir  “docere” e “delectare” ao mesmo tempo? Aprender e divertirse é posible !!

Toda a información relativa ao Proxecto Terra desenvolvido neste curso (2014-15) polo departamento de Lingua galega e Literatura, no seguinte enlace.

Plan Proxecta

Proxecta Quérote +

Toda a información relativa ao Proxecta Quérote+ desenvolvido no curso 2014-15 polo departamento de Lingua galega e Literatura, no seguinte enlace

Toda a información relativa ao Proxecta Quérote+ desenvolvido no curso 2015-16 polo departamento de Lingua galega e Literatura, no seguinte enlace.

 

Proxecta Xogade

Toda a información relativa ao Proxecta Xogade desenvolvido neste curso (2014-15) polo departamento de Educación Física no seguinte enlace

 

Proxecto Terra: Identidade territorial e cultural: Galicia-Norte de Portugal       

 

     O Departamento de Lingua galega e o de Ciencias sociais sumamos, unha vez máis, os nosos obxectivos e traballo.

     Co fin de integrar, co labor que desenvolvemos a través das actividades realizadas polo alumnado participante ao longo de todo o curso,  o traballo da unidade didáctica “Identidade territorial” como actividade complementaria ás nosas programacións didácticas, completámolo tamén coa visita a Guimaraes, como está previsto polo Proxecto Terra.

     O resultado foi, tamén nesta ocasión, unha experiencia enormemente positiva e enriquecedora para o noso alumnado, a maioría dos/as cales repetían unha e outra vez como síntese das súas impresións “o moito que aprenderon e o ben que o pasaron”. Pode caber maior satisfacción para nós, como educadores, que conseguir  “docere” e “delectare” ao mesmo tempo? Aprender e divertirse é posible !!

Toda a información relativa ao Proxecto Terra desenvolvido neste curso (2014-15) polo departamento de Lingua galega e Literatura, no seguinte enlace.

Selectividade

Selectividade novidades 2010: pautas do exame, temario

A continuación presentámosvos polo miúdo este modelo de exame, que constará, como ata agora, de 7 preguntas:

- Preguntas 1 e 2: valoraranse cada unha delas con 1 punto e nelas responderase de xeito breve a algún aspecto de comprensión do texto. Velaquí algunhas posibles preguntas:
· Resumo breve do texto ou dunha parte del.
· Estrutura do texto.
· Ideas principais e secundarias.
· Intencionalidade do texto.

· Opinión do autor sobre algún aspecto que se indique. Será especialmente interesante que o/a alumno/-a perciba as ironías, por exemplo, e non entenda só o que se di, senón o que se quere dicir.
· Significado concreto no texto dalgunha palabra ou expresión. Esta pregunta vén sendo similar á de léxico que se viña facendo ata agora.

 


- Pregunta 3: valorarase con 3 puntos e deberá ter unha extensión aproximada de 200 ou 250 palabras. Avaliará a expresión, polo que nela se pedirá que se produza un texto relacionado dalgún modo con aquel sobre o que se basea o exame. Para a súa puntuación terase en conta o xuízo crítico das ideas que conteña o texto, así como a capacidade do alumnado para estruturar adecuadamente as ideas que expón e a corrección da expresión. Tamén se terá en conta a corrección gramatical e ortográfica. Quere isto dicir que na propia puntuación da pregunta se valorará negativamente a incorrección ortográfica e normativa.

 


- Preguntas 4 e 5: cada unha terá un puntuación máxima de 1 punto. Versarán sobre conceptos de fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, semántica, léxico ou dialectoloxía. Estas preguntas veñen sendo similares ás preguntas 3, 4 e 5 do modelo de exame do 2009. O contido de dialectoloxía é novo, xa que se introduce agora no programa de 2º de Bacharelato. Esta pregunta de dialectoloxía, de facerse nun exame concreto, será unha pregunta breve e guiada sobre as posibilidades dialectais que podería ter unha forma presente no texto (por exemplo, ante a palabra veciño poderá solicitarse que se indique qué outras formas dialectais presenta o territorio lingüístico galego e qué extensión xeográfica ten cada unha delas).

 

- Pregunta 6: valorarase con 1 punto. Versará sobre os contidos que figuran no DCB baixo a epígrafe "A sociolingüística".

As posibles preguntas son unicamente as seguintes:

1.- As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.

2.- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.

3.- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.

4.- O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

5.- O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

6.- O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

Como se observa polas preguntas, estes temas podería responderse con toda a extensión que se desexe. Non obstante, será imprescindible que a resposta sexa resumida, acorde coa propia puntuación da pregunta e co tempo de que se dispón para o exame. Sería desexable unha extensión aproximada dunhas 200 ou 250 palabras. Polo tanto, nesta extensión, máis ben breve para unha pregunta deste tipo, o alumnado deberá referirse ó contido importante e non divagar en consideracións xerais que non supoñan a cerna do tema.

Tanto nesta pregunta 6 como na seguinte (7) ofreceranse dúas posibilidades, para que o alumnado escolla unicamente unha delas. Estas dúas posibilidades serán as mesmas na Opción A e na Opción B do exame. Deste xeito poderá escollerse unha ou outra opción do exame sen que inflúan as preferencias nas preguntas de sociolingüística ou de literatura.


Pregunta 7: valorarase con 2 puntos. Versará sobre os contidos que figuran no DCB baixo a epígrafe "A literatura". As preguntas que se poderán facer sobre estes contidos son unicamente as seguintes:

1.- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.

2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.

3.- A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).

4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.

5.- A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.

6.- A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).

7.- A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas.

8.- O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.

9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.

10.- A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.

11.- A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.

12.- O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.

Nesta pregunta 7 temos que lembrar que as respostas nunca deben ser unha listaxe de autores e obras, senón que tamén se espera unha explicación das características da escrita dos autores, das tendencias ou das etapas. Como orientación en canto á extensión podemos falar aproximadamente dunhas 400 ou 500 palabras, aínda que isto pode ser variable dependendo de se o alumnado opta por unha resposta con redacción máis desenvolvida ou máis esquemática.
Tal como se indicou máis arriba, neste pregunta, igual que na 6, ofreceranse dúas opcións (as mesmas na Opción A e B do exame) para que se escolla unicamente unha delas. Tal como viña sendo habitual nas probas deste materia poderá empregarse calquera das terminoloxías lingüísticas existentes.

Como se fixo ata agora, tamén se valorará a corrección lingüística do exame, polo que sobre a cualificación global se poderán descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos. Os errospoderán ser:
-Moi graves: aquelas solucións que son alleas ó sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación do pronome persoal átono...). Descontaranse 0,2 puntos.
-Graves: solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y...). Acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 puntos.
-Leves: solucións galegas alleas ó estándar vixente. Acentuación non diacrítica. Penalizaranse con 0,05 puntos.
Esta valoración negativa non se aplicará sobre a pregunta 3, xa que, tal como indicabamos, na propia valoración da pregunta irá incluído o desconto.
Finalmente só nos queda indicarvos que cando comece o próximo ano académico (ou antes) expoñeremos nesta mesma páxina web da CIUG (ciug.cesga.es) varios modelos de exame que vospoidan servir de referencia.

Probas PISA

 

 

Neste adxunto tedes bastantes exemplos de probas de comprensión lectora de edicións anteriores de PISA... 

Resumo temario selectividade


O exame de selectividade de Lingua e literatura galega constará de 7 preguntas:



Preguntas 1 e 2 

Valoraranse cada unha delas con 1 punto e nelas responderase de xeito breve a algún aspecto de comprensión do texto.

Velaquí algunhas posibles preguntas: 

1.       Resumo breve do texto ou dunha parte del.

2.       Estrutura do texto.

3.       Ideas principais e secundarias.

4.       Intencionalidade do texto.

5.       Opinión do autor sobre algún aspecto que se indique. Será especialmente interesante que o/a alumno/-a perciba as ironías, por exemplo, e non entenda só o que se di, senón o que se quere dicir.

6.       Significado concreto no texto dalgunha palabra ou expresión. Esta pregunta vén sendo similar á de léxico que se viña facendo ata agora.



Pregunta 3 

Valorarase con 3 puntos e deberá ter unha extensión aproximada de 200 ou 250 palabras.

Avaliará a expresión, polo que nela se pedirá que se produza un texto relacionado dalgún modo con aquel sobre o que se basea o exame. Para a súa puntuación terase en conta o xuízo crítico das ideas que conteña o texto, así como a capacidade do alumnado para estruturar adecuadamente as ideas que expón e a corrección da expresión. Tamén se terá en conta a corrección gramatical e ortográfica. Quere isto dicir que na propia puntuación da pregunta se valorará negativamente a incorrección ortográfica e normativa.



Preguntas 4 e 5 

Cada unha terá un puntuación máxima de 1 punto.

Versarán sobre conceptos de fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, semántica, léxico ou dialectoloxía. Estas preguntas veñen sendo similares ás preguntas 3, 4 e 5 do modelo de exame do 2009.

O contido de dialectoloxía é novo, xa que se introduce agora no programa de 2º de Bacharelato. Esta pregunta de dialectoloxía, de facerse nun exame concreto, será unha pregunta breve e guiada sobre as posibilidades dialectais que podería ter unha forma presente no texto (por exemplo, ante a palabra veciño poderá solicitarse que se indique qué outras formas dialectais presenta o territorio lingüístico galego e qué extensión xeográfica ten cada unha delas).



Pregunta 6:

Valorarase con 1 punto.

Versará sobre os contidos que figuran no DCB baixo a epígrafe “A sociolingüística”.

As posibles preguntas son unicamente as seguintes:

1.- As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. 

2.- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma. 

3.- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización. 

4.- O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. 

5.- O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. 

6.- O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. 

Como se observa polas preguntas, estes temas podería responderse con toda a extensión que se desexe. Non obstante, será imprescindible que a resposta sexa resumida, acorde coa propia puntuación da pregunta e co tempo de que se dispón para o exame. Sería desexable unha extensión aproximada dunhas 200 ou 250 palabras. Polo tanto, nesta extensión, máis ben breve para unha pregunta deste tipo, o alumnado deberá referirse ó contido importante e non divagar en consideracións xerais que non supoñan a cerna do tema.

Tanto nesta pregunta 6 como na 7 ofreceranse dúas posibilidades, para que o alumnado escolla unicamente unha delas. Estas dúas posibilidades serán as mesmas na Opción A e na Opción B do exame. Deste xeito poderá escollerse unha ou outra opción do exame sen que inflúan as preferencias nas preguntas de sociolingüística ou de literatura.



Pregunta 7:

Valorarase con 2 puntos.

Versará sobre os contidos que figuran no DCB baixo a epígrafe “A literatura”.

As preguntas que se poderán facer sobre estes contidos son unicamente as seguintes:

1.- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. 

2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas. 

3.- A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). 

4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. 

5.- A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais. 

6.- A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas). 

7.- A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas. 

8.- O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia. 

9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro. 

10.- A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes. 

11.- A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes. 

12.- O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes. 

Nesta pregunta 7 temos que lembrar que as respostas nunca deben ser unha listaxe de autores e obras, senón que tamén se espera unha explicación das características da escrita dos autores, das tendencias ou das etapas. Como orientación en canto á extensión podemos falar aproximadamente dunhas 400 ou 500 palabras, aínda que isto pode ser variable dependendo de se o alumnado opta por unha resposta con redacción máis desenvolvida ou máis esquemática.

Tal como se indicou máis arriba, neste pregunta, igual que na 6, ofreceranse dúas opcións (as mesmas na Opción A e B do exame) para que se escolla unicamente unha delas. Tal como viña sendo habitual nas probas deste materia poderá empregarse calquera das terminoloxías lingüísticas existentes.



CORRECCIÓN LINGÚÍSTICA

Como se fixo ata agora, tamén se valorará a corrección lingüística do exame, polo que sobre a cualificación global se poderán descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos. Os erros poderán ser:

-Moi graves: aquelas solucións que son alleas ó sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación do pronome persoal átono...). Descontaranse 0,2 puntos.

-Graves: solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y...). Acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 puntos.

-Leves: solucións galegas alleas ó estándar vixente. Acentuación non diacrítica. Penalizaranse con 0,05 puntos. Esta valoración negativa non se aplicará sobre a pregunta 3, xa que, tal como indicabamos, na propia valoración da pregunta irá incluído o desconto.



Aviso:

Cando comece o próximo ano académico expoñeremos nesta mesma páxina web da CIUG (ciug.cesga.es) varios modelos de exame que vos poidan servir de referencia.

 

 

 

 

 

 

Literatura

Nos últimos anos surxiu un importante ensaio que aborda todos os asuntos: economía¡ historial cultural sociedade, relixión, filosofía, feminismo, economía e que se apoia en importantes publicacións como Grial, A Trabe de ouro ou Tempos novos.  

DESCONTOS

Como se fixo ata agora, tamén se valorará a corrección lingüística do exame, polo que sobre a cualificación global se poderán descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos.

Os erros poderán ser:-  Moi graves: Aquelas solucións que son alleas ó sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación do pronome persoal átono...). Descontaranse 0,2 puntos.-  

Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y...). Acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 puntos.-  

Leves: Solucións galegas alleas ó estándar vixente. Acentuación non diacrítica. Penalizaranse con 0,05 puntos.Nas probas será obrigatorio o uso das Normas do ano 2003, polo que serán penalizadas as solucións non aceptadas nelas.


 

  CUESTIÓNS DE 1º A TER EN CONTA PARA AS PAAU FONEMAS VOCÁLICOS DE ABERTURA MEDIA

 

E ABERTO

Posición tónica e pretónica

Palabras en –el e –eles; E trabado por oclusiva:técnica; Palabras en ego,ela,elo,encia,encio,enza,estre; é tónico en esdrúxulas; E+l(melro); Vbos de pretérito irregular:viñemos; conxunción e;
E PECHADOEn calquera posición Demostrativos; Seguido de palatal:pecho; Edo,eiro,éllo,engue,engo,ense,ento,eño,eo,és,esco,eta,exo,ez/eza; infinitivos en –er; pretéritos regulares(temeu); Vobs en –ear:cean; Ditongos con e de núcleo:leira; nome de letras
O ABERTOPosición tónica e pretónica -ol/oles;  -oz-oces; da crase OO:só; trabado por oclusiva(óptimo); en esdrúxulas; graves en ditongo crecente(hostia); Oco,oíde,olo; 2ª ,3ª e 6ª persoa do Pte Indic de vbos semirregulares da 2ª e 3ª(comes, foxe, soben).
O PECHADOEn calquera posición -ón,-or,-ollo,-oño,-oa, -oso, -go; vbos da 2ª(como; movan); vbo pór e derivados; pretérito de ser/ir(Fora); vbos da 1ª nos que o ditonga con i(Trasnoito); Con palatal:mollo; o en ditongo con u(mouro);

Prono. interro

Que fas?
Prono. Interro indirecto Non sabe nin que fai
Prono. relativo O home que xogaba no Deportivo
Conxunción A posibilidade de que te salves é nula

Impersoal

Non se derrrama sangue
Formante léxico/morfema verbal Os campos seméllanse aos xardíns
Recíproco Amarse de verdade

TEMPORAIS

MODAIS ASPECTUAIS
IR+INFI,HABER DE +INFI(futuro) HABER(DE)+INFIHABER QUE+INFITER DE/QUE+INFIDEBER(DE)+INFI(obriga) ANDAR A+INFISER A+INFIANDAR/ESTAR+XERUNLEVAR/SEGUIR+XERUNIR/VIR+XERUN(imperfectiva)
HABER(DE)+INFIQUERER+INFIESTAR A/PARA+INFI(inminencia) HABER (DE)+INFIDEBER(DE)+INFI(hipótese) DAR/LEVAR+PARTIDEIXAR(SE)DE+INFITER+PARTI(perfectiva)
  PODER+INFI(probabilidade) COMEZAR/EMPEZAR+INFIBOTARSE A+INFIPOÑERSE A+INFIDAR EN+INFI(incoactiva)
  ACABAR POR+INFIVIR A+INFICHEGAR A+INFI(terminativa)
  VOLVER+INFITER+PARTI(reiterativa)

 

 

1.- Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Obras representativas e características da súa escrita.
O mestre mindoniense Antonio Noriega Varela reúne no volume Do ermo(1904) a súa obra poética, unha obra que hai que encaixar no contexto de crise finisecular que media nas nosas letras entre o labor do rexurdimento e a literatura que vai agromar coas Irmandades da Fala e a xeración Nós. Na súa obra hai que salientar o seu realismo costumista, a súa paixón por espellar a vida rural e montañesa e o seu cultivo dunha lingua popular. 
 Máis importante é o labor de Ramón Cabanillas, un poeta que cultiva unha poesía vindicativa contra a opresión caciquil que padecen os labregos, unha poesía amorosa e intimista, por veces unha poesía costumista e con frecuencia con evidente pegada modernista. A súa obra máis relevante é sen dúbida Na noite estrelecida(1926):unha galeguización da materia de Bretaña organizada en tres partes nas que se nos conta a coroación de Artur como rei e como este convida aos seus cabaleiros a atoparen o Santo Graal. Será Galaaz, o escollido, quen atope o Graal. A obra remata cando Artur se despide anunciando a súa futura volta. Como autor teatral, Cabanillas recrea a figura de Pardo de Cela en O mariscal e contribúe ao desenvolvemento do noso teatro con A man de Santiña, na que fai unha defensa da cultura e da identidade dos galegos.


 

 

 2.- Movementos de vangarda. Características. Autores e obras.

O mundo das artes e das letras entre as dúas grandes guerras coñece un momento de frenesí creativo caracterizado por unha renovación formal e temática asegurada polo labor dos cubistas, futuristas, surrealistas ou creacionistas. Na literatura galega os movementos de vangarda déixanse sentir na obra do rianxeiro Manuel Antonio, e tamén na obra de Cunqueiro (en especial nos seus primeiros poemarios), Blanco Amor ou Euxenio Montes.

Fóra destes autores hai dúas tendencias na poesía de preguerra que en diversa medida conectan cos aires renovadores: o hilozoísmo e o neotrobadorismo. O primeiro xoga cunha paisaxe humanizada e ten en Amado Carballo o seu poeta paradigmático. O segundo, o neotrobadorismo, dialoga coa poesía dos nosos cancioneiros medievais e ten entre os seus cultivadores a Bouza Brei, Viqueira ou o propio Cunqueiro.  Manuel Antonio é autor dun manifesto (Máis alá)no que propugna a renovación das artes e das letras no noso país e do libro De catroa catro(1928)no que ofrece unha visión pesimista da existencia humana a partir dun xogo no que o mar, un barco e un mariñeiro son elementos decisivos. A obra resólvese conforme aos criteiros vangardistas:disposición irregular dos versos, humor, símbolos, xustaposición de imaxes, mecanicismo etc  

3.- A xeración Nós. Características. Autores e obras.

Logo dunha etapa pregaleguista, un grupo de autores que militan no galeguismo das Irmandades da Fala van protagonizar coa creación do grupo Nós unha das páxinas máis brillantes da cultura literaria galega do século xx. Son mozos de clase acomodada, individualistas,universitarios, combinan actividades culturais e políticas, animan a revista Nós e traballarán no Seminario de estudos Galegos. Coa guerra civil o grupo desfaise. Os autores de Nós promoven a modernización e renovación da narrativa galega, intentan normalizar un ensaio en galego e tamén traballan para o avance do noso teatro. Literariamente os autores claves deste grupo son Otero Pedrayo, Vicente Risco e Castelao.

Vicente Risco publicou diversos relatos de inspiración antiracionalista e a novela O porco de  na que conta a historia dun comerciante foráneo que chega a alcalde baseando o seu ascenso social no materialismo. Como ensaísta publicou unha Teoría do nacionalismo galego e unha Historia de Galicia.

Otero Pedrayo é o autor da obra narrativa máis ambiciosa na que destacan Arredor de si, unha especie de autobiografía da xeración Nós, e Os camiños da vida, unha longa novela sobre as transformación de Galicia no século XIX que sitúa no galeguismo a esperanza de evolución da nosa sociedade. Cultivou tamén o ensaio sobre temas históricos, xeográficos e literarios e o teatro en obras como A lagarada ou o Teatro de máscaras, nos que volve aos seus temas clave.

Castelao une á súa condición de político e artista plástico a de excepcional escritor nos seus libros Cousas, Retrincos e Os dous de sempre, nos que fai un retrato moi humano da Galiza do seu tempo. A súa obra Os vellos non deben namorarse, estreada e editada no tempo da ditadura, é unha das máis grandes conquistas do noso teatro abordando o problema do amor e da vellez.  

4.- A literatura galega do exilio. Características. Autores e obras.

A instauración en España dun réxime non democrático levou á morte e ao exilio a importantes figuras das nosas letras. A capi tal cultural galega nos anos 40 e 50 é Buenos Aires. Arxentina, México, Venezuela e Cuba acollen aos nosos exiliados que van facer un intenso labor: editando revistas e libros, facendo radio, montando obras de teatro, creando agrupación políticas e culturais e mantendo viva a nosa cultura literaria.

 Luís Seoane, pintor, editor, escritor, é unha das principais figuras do exilio. A súa poesía e o seu teatro están dominados por un compromiso con Galicia e as súas liberdades. Aborda con frecuencia os temas da emigración e do exilio. Promoveu tamén a revista Galicia emigrante e colaborou con Diaz Pardo na fundación de iniciativas como o Museo Carlos Maside ou as cerámicas de Sargadelos.

Lorenzo Varela tamén escribiu diversas obras en galego desde o exilio e cunha intención política progresista. Obras súas son Lonxe e os Catro poemas pra catro gravados. Ramón de Valenzuela é autor de Non agardei por ninguén, unha novela autobiográfica sobre os momentos da guerra e da inmediata posguerra. Non podemos esquecer que outras figuras das nosas letras fixeron tamén boa parte do seu labor no exilio. É o caso de Castelao, Dieste, Blanco Amor ou Neira Vilas.  

5.- Tendencias da lírica na segunda metade do século XX.

Grupos de poetas.Despois da guerra seguiu operativa a xeración do 36, autores que xa publciaran antes do 36 e que retornan a súa actividade nos anos 50 cultivando tendencias que van desde o paisaxismo ata a poesía política pasando polo intimismo e o neotrobadorismo.

Neste grupo destaca a obra de Iglesia Alvariño, unha obra paisaxística, humanista e de influencia modernista.

 Celso Emilio Ferreiro foi con Longa noite de pedra(1962) todo un referente ético ao condenar todo tipo de explotación humana e ao propor un modelo de sociedade baseado na paz e na xustiza. Tamén cultivou a poesía intimista e amorosa e a poesía satírica.

Xosé Ma Álvarez Blázquez combinou a poesía intimista coa neotrobadoresca.

 A segunda xeración de posguerra foi o chamado Grupo de enlace, autores formados na época da guerra e posguerra, que tamén escriben en español e que combinan obras de sentido existencial e de compromiso social.

Xunto con Antón Tovar, a gran figura do grupo é Luz Pozo Garza, unha escritora que aborda os temas do amor, do paso do tempo, da memoria sen desatender o compromiso social e galeguista.

O terceiro grupo é o das Festas Minervais, autores nacidos nos anos 30 e que cultivan dúas tendencias: a Escola da Tebra e o Socialrealismo. Os grandes autores do grupo son Manuel María (poeta da paisaxe e do pobo),Bernardino Graña(cantor do mar), Novoneyra (cantor do seu Courel natal) e Ferrín. Ferrín no seu libro Con pólvora e magnolias fecha a poesía socialrealista e abre o ciclo dunha nova poesía cultivada polos autores da xeración dos 80.  

6.- Tendencias da narrativa galega de posguerra. Autores e obras.

Os grandes modelos narrativos son os encarnados por Cunqueiro, Blanco Amor e Ánxel Fole.

Fole cultiva nos seus contos (Á luz do candil, Terra brava) unha literatura de ambientación rural, de inspiración popular nas que mestura humor e medo, realidade e fantasía.

Cunqueiro co seu Merlín e familia sorprende aos lectores galegos dos 50. Nas súas novelas incorpora elementos cul turais doutras lati tudes, dalle importancia á paisaxe e tamén mestura realismo e fantasía. Nos seus relatos(Xente de aquí e acolá) realiza retratos de personaxes galegos que representan a nosa forma de ser. Un dos seus temas estelares é o tempo, como erosión permanente da vitalidade humana e que acaba coas nosas enerxías.

Blanco Amor en A esmorga retrata a Galicia profunda espellada en tres personaxes marxinais que logo de xornadas de alcohol e violencia acaban atopando a morte. En Os biosbardos concede importancia ao mundo dos nenos e dos mozos e finalmente en Xente ao lonxe conta a historia dunha familia obreira e das tensións que padece ao se comprometer coa evolución da súa cidade. 

7.- O teatro galego do século XX. Tendencias. Autores e obras.

Logo das fundamentais aportacións dos homes de preguerra (Cabanillas, villar Ponte, Dieste, Otero, Risco, Castelao) hai catro autores que representan o esforzo dos nosos autores por consolidar unha dramática de noso. Consolidación que non se produciu nos anos da dictadura. Son Cunqueiro, Blanco Amor, Carballo Calero e Mariñas del Valle.

 Cunqueiro conmociona os círculos culturais galegos estreando na Coruña o seu Hamlet, unha obra que partindo do asunto shakespeariano supón unha indagación profunda nas convulsións do home actual. Amor, morte, ciúmes, ambición conflúen nun dos textos máis logrados da historia do teatro galego. Na obra A noite vai coma un río aborda o tema amoroso.

Blanco Amor, promotor en Buenos Aires dun· teatro popular galego, reuniu o seu teatro nos volumes Farsas para títeres e Teatro pra a xente. Nas pezas do primeiro libro evoca asuntos da tradición teatral española e incorpora un humor e un sentido crítico notables. Nas obras do segundo libro predomina o costumismo, o humro e tamén unha visión crítica da Galicia de posguerra, atormentada e pobre. Finalmente Blanco Amor escribiu unha diatriba contra o sistema xudicial franquista en Proceso en Jacobusland.      

Ricardo Carballo Calero, o primeiro catedrático de galego da nosa Universidade, é autor de varias obras de teatro, unhas de sentido máis tradicional e rural como a Farsa das zocas e outras máis pertencentes ao clima existencialista e filosófico como A arbre ou o Auto do prisioneiro. Carballo Calero promoveu o teatro na súa época de director do Colexio Fingoi de Lugo.

Jenaro Mariñas del Valle é autor dunhas cincuenta obras de teatro sendo a súa peza máis coñecida A revolta. É o seu un teatro filosófico e pesimista que alerta sobre a estéril necesidade do ser humano de buscar a súa liberdade e de exercer a súa dignidade.  

8.- Os modelos narrativos de finais do século XX. Características. Autores e obras.

Xosé Neira Vilas é un caso singular no noso panorama narrativo por vivir moitos anos en América. É autor de moitísimos libros nos que retrata a vida rural galega de posguerra, coa súa miseria económcia e cultural. Tamén aborda o tema da emigración e o desarraigamento dos nosos emigrantes. As Memorias dun neno labrego é un dos libros máis vendidos de toda a nosa literatura.

O resto de narradores pertencen ao que se coñece como Nova Narrativa Galega(NNG). Os autores da NNG van cultivar unha literatura en boa medida crítica, renovando as características da narrativa galega anterior -a da xeración Nós- e testemuñando a pegada do Nouveau Roman francés e de autores tan emblemáticos coma Kafka, Joyce, Faulkner, Camus,etc. As obras da NNG renuncian á trama argumental tradicional, teñen protagonistas antiheroicos, xogan cos planos temporal e espcial, conceden inusitada relevancia aos obxectos, levan á literatura ideas marxistas e existencialistas e constitúen claras mostras de antifranquismo.

 Os autores da NNG celebran o certame das Festas Minervais, escriben en La Noche, militan no nacionalismo de esquerdas(PSG, UPG), publican na colección Illa nova e en Edicións Monterrey, e procuran renovar temas e formas narrativas. Emerxe nestas obras a realidade galega urbana e a súa problemática social ás veces captada desde unha orientación intimista e introspectiva cando non simbólica. Os autores máis relevantes da NNG son: Xoán   Casal(1935-960): autor de O Camiño de abaixo, relatos sobre a soidade, anguria, a vellez ...

María Xosé Queizán(1939):autora de A orella no buraco (1965), novela sobre un home que non sabe onde está e que habita un mundo incomprensible. Logo publicou numerosos libros de claro compromiso feminista nos que tamén se evoca a historia de Vigo.

Gonzalo Mourullo(1935): autor de Nace unha árbore(1954) e Memoria de Tains(1956).O primeiro é un libro de relatos nos que se xoga cos conceptos de realidade e verosimilitude. No segundo un grupo de cartas evocan a historia dunha cidade destruída(Tains).

Camilo Gonsar (1931):Autor de Lonxe de nós e Como calquera outro día. Os seus relatos xiran en torno á morte, incorporan diálogos, son textos itinerantes e que condenan a falta de liberdade.

Carlos Casares: Publica en 1967 Vento ferido e pouco despois Cambio en tres. Son os seus personaxes cotiás, que viven historias que lle permiten ao autor condenar a violencia e o autoritarismo, abordar a emigración galega a Europa e practicar o experimentalismo técnico.  

Méndez Ferrín: Autor de Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas ou Arrabaldo do Norte. Ferrín rexeita o realismo e o costumismo, presenta personaxes antiheroicos e temáticas psicolóxicas, liga o fantástico e o real, aborda asuntos corno o problema da identidade ou o misterio da condición feminina, o absurdo da morte ata o problema político de Galiza.

Lois Diéguez: autor de A torre de babel (1968), Tempo sen saída(1972) ou Galou Z-28(1976). A defensa da identidade   


 

 

 9.- Tendencias actuais da lírica, da narrativa, da dramática e da ensaística.

LÍRICA

Coincidindo coa morte de Franco e a transición política emerxe entre nós unha nova poesía en parte anunciada na ricaz obra de Cunqueiro e noutros mestres como Novoneyra, Avilés de Taramancos ou Manuel María. A nova poesía galega ábrese a novos temas, cultiva o subxectivismo, mostra o seu culturalismo, dialoga coa s poesías de todo o mundo, é urbana, vivencias por veces.

Todos os críticos sinalan a influencia que tivo o libro de Ferrín Con pólvora e magnolias para asegurar o cambio, un cambio que se pode ver en publicacións características (Loia, Dorna, Coordenadas, Luzes de Galiza) e en grupos poéticos como Alén, Cravo Fondo, Rompente. Moitos autores desta época gañaron os premios de poesía Cidade de Ourense, O Facho, o Esquío, o Leliadoura ou o Garcés. Algúns autores que se deron a coñecer nesta época son Pilar Pallarés, Fernán-Vello, Xulio Valcárcel, Xavier Seoane, Ramiro Fonte, Manuel Rivas ou Pepe Cáccamo.  Os novos poetas están ben formados, coñecen ben a lingua galega e a súa tradición literaria, devalan entre a tradición e a ruptura, superan o socialrealismo e abren para a poesía galega novos e esperanzadores camiños. 

TEATRO

A aparición do Teatro Independente (1967), o labor das asociacións cul turais e a celebración das Mostras de Ribadavia permi tiron a renovación do noso teatro e mesmo a aparición das primeiras compañías profesionais(Artello, Troula, Luís Seoane). En 1984 creábase o Centro Dramático Galego para que o país tivese unha compañía institucional. Un labor moi importante foi o realizado por Francisco Pillado e Manuel Lourenzo promovendo os Cadernos da escola Dramática Galega, a compañía Luís Seoane e máis recentemente Casahamlet e converténdose nos grandes investigadores do noso teatro coas súas obras Teatro galego, Antoloxía do teatro galego o e Dicionario do teatro galego. Os autores máis importantes son Manuel Lourenzo(1943) :Actor, director, autor, investigador, profesor, cultivou un teatro mítico de volta á traxedia grega, estudou a moitas figuras femininas(Fedra, Médea, Helena), fixo obras máis humorísticas, moi to teatro infantil, obras nas que o teatro é o tema central, pezas moi novidosas tecnicamente, etc. O seu teatro critícao todo e a todos; É autor dun cento de obras e foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Teatral.

 Euloxio Ruibal(1945): autor tamén de moitas obras, ocupouse do tema da guerra civil, da cuestión ecoloxista e tamén cultivou o teatro para nenos. Foi presidente da AELG. Roberto Vidal Bolaño(1950-2000): autor dunha obra voluminosa e profesional do teatro. Fixo unha análise do poder corrupto, incorpora formas culturais populares e parateatrais, critica acedamente a realidade galega, aproximouse ao mito rosaliano e cultivou o dama social Outros autores importantes son Xesús Pisón, Xoán Guisán, Camilo Valdeorras, Cándido Pazó, Raúl Dans ou Inma Antonio.  

NARRATIVA

A partir dos anos 70 e 80 aparecen novas xeracións de autores que se dan a coñecer nos premios Modesto Figueirido, Blanco Amor, Xerais. Debemos destacar entre os máis vellos a Xavier Alcalá, autor da autobiográfica e celebrada A nosa cinza (1980) ou a Víctor Freixanes autor de obras tan prestixiosas como O triángulo inscrito na circunferencia ou A cidade dos césares. Freixanes aborda temas como a recuperación do pasado no proceso identitario e a tensión entre o ben e o mal para o avance da historia. Entre os autores máis novos gozan de éxito as recreacións da materia de Bretaña de Darío Xoán Cabana (Galván en Saor, Morte de rei), o cultivo da novela negra por parte de Carlos Reigosa(Crime en Compostela)e os éxitos de Manolo Rivas(O lapis do carpinteiro, Un millón de vacas) e Suso de Toro (Tic-Tac, Calzados Lola, Trece badaladas) cunha novelística centrada na análise da nosa sociedade coas súas contradicións. 

 ENSAÍSTICA

 

 

 

http://gl.wikibooks.org/wiki/Imaxe:Consonantismo_gl.jpg

 

●sistema vocálico

 

http://gl.wikibooks.org/wiki/Imaxe:Vocalismo_galego_t%C3%B3nico.jpg