Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Concursos literarios e premios

Concursos de microrrelatos

Post-its on iPhone 4.jpg

I Concurso de "súper-microrrelatos". Maio 2021Actividades conmemorativas de las Instrucciones Año XIII 14.jpg

Velaquí as dúas edicións do noso concurso deste ano. Resumindo, o concurso consiste en crear un microrrelato, moi curto, de 280 caracteres* como máximo (a lonxitude dun “chío”). Participación exclusivamente individual.

[*Recordade que por "caracteres" enténdese o conxunto de letras, signos de puntuación, e espazos!]

 

Xa temos os gañadores!!

Edición en galego

Extensión máxima do microrrelato: 280 caracteres*. Entregarase ou ben por escrito en papel, con nome completo e curso na Biblioteca ou a través da mensaxería da Aula Virtual do centro, á profesora de LG (Mariluz) ou á coordinadora da biblioteca. O texto ten que empezar obrigatoriamente por “Aínda non abrira o día...”

1er premio: Benito, de 4º

File:Zwangsjacke Leinen02 2002-01-09.jpg CC BY-SA 3.0 

Aínda non abrira o día e xa escoitei a meu irmán chorar.

Estaba farto e canso, collín a almofada e caleino.

Abriu o día e escoitei o grito da miña nai, a saber que pesadelo tivo.

 

Este cuarto acolchado é moi tranquilo e cómodo, pero a camisa de forza molesta un pouco.

Camisa de forza. Foto orixinal de Klaus.

https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=331659

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Edición en castelán  

Extensión máxima del microrrelato: 280 caracteres* y se entregará bien por escrito en papel, con nombre completo y curso en la Biblioteca: bien a través de mensajería del Aula Virtual del centro, a la profesora de LC o a la coordinadora de la Biblioteca (profe de FR). El texto ha de comenzar obligatoriamente por “Reinaba una calma atronadora...”

Reflejos en 41st St. East - New York, NY 

Foto de Giorgio Galeotti,CC BY 3.0,

https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=60215386

1er premio: Mara, de 4º

Reinaba una calma atronadora, mientras que afuera, los gritos se adueñaban del ambiente.

Afuera, la preocupación se podía cortar con una cuchilla.

Afuera, los miedos lloraban.

Sollozos, súplicas y por favores, encadenados a una tranquilidad inminente.

Se tiró al vacío y todos callaron.

Ahora sí reinaba una calma atronadora.

 

  

I Concurso de creación escrita

Convócase o I Concurso de creación escrita para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller co lema "A muller máis importante para min".

Hai dúas categorías: Categoría 1 para profesorado e PAS e Categoría 2 para o alumnado.

Hai dúas modalidades: Modalidade I (poesía) e Modalidade II (narrativa).

Prazo de entrega dos traballos: ata o 20 de febreiro.

Pódense consultar as bases aquí, ou no arquivo adxunto.

Convocan o EDNL e o Equipo de Biblioteca do IES Lamas de Castelo.

......................................................................................................................

Hoxe, 6 de marzo,  entregáronse na biblioteca os premios do I Concurso de creación escrita

Noraboa a todas as premiadas! Os seus textos podedes lelos aquí.

Categoria 1:

Maribel Trillo (profesora de Pedagoxía terapéutica), baixo o pseudónimo Habelas hainas.

Categoría 2:

1º premio: Lara Senande de 2º (poesía), baixo o pseudónimo Deportivista

Accésit: Lara Trillo de 2º (narrativa), co pseudónimo Flor

 

II Concurso de carteis pola Paz

 

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz convocamos o II Concurso de carteis pola Paz especialmente dirixido ao alumnado de 1º da ESO do Proxecto Interdisciplinar.

Nos carteis teñen que reflexionar sobre o concepto da Paz e deseñar unha MASCOTA PARA O DÍA DA PAZ no noso centro. Os carteis deberán incluír os lemas "30 de xaneiro, Día Escolar da Paz" e "Biblioteca do IES Lamas de Castelo".

Podedes entregar os carteis durante os recreos e ata o 31 de xaneiro. Animádevos a participar!

---

Hoxe, 13 de febreiro, fixemos a entrega de premios ás seguintes persoas: , Martín García Carballo; 2º, Lara Trillo Vázquez e 3º a Ismael Senande Fernández. Noraboa aos tres!! e tamén a todos os participantes.

III Concurso de Relato Curto do Centro de Día

O Centro de Día de Carnota en colaboración co Concello vén de convocar o III Concurso de Relatos Curtos, con motivo da celebración do Día Internacional do Maior o día 1 de outubro. O concurso ten como lema "A que xogaban os nosos maiores?"

Desde a biblioteca animámosvos a participar nesta actividade, que contribuirá a xerar unha concepción positiva da vellez, entendida como unha etapa autónoma, produtiva e participativa.

Poderán concorrer a este certame todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, con relatos inéditos en lingua galega, cun máximo de 1000 palabras e que traten da temática citada arriba. 

Hoxe estamos de noraboa!!! Dous alumnos do centro foron premiados no concurso:  Brais Louro (2º A) co primeiro premio e Alba Sendón (3º A) co segundo.

Noraboa a todos os que participastes e que cos vosos traballos fixestes un chisco máis alegre o tempo dos maiores do Centro de Día.

Premios de fin de curso 2012-13

Na despedida do curso celebrada o 21 de xuño entregamos os premios da biblioteca. Nesta ocasión decidimos premiar ás persoas que máis préstamos teñen rexistrado ao longo do curso (Martina Lobelos de 4º, con 54 préstamos; Alba García de 3º con 53 e Evelyn Solares de 4º con 47), así como a algún colaborador habitual (Xurxo Trillo de 3º A) en distintas tarefas da biblioteca.

I Concurso de cartas e SMS de amor

Con motivo da celebración do 14 de febreiro decidimos convocar un I Concurso de cartas e SMS de amor. A convocatoria vai dirixida a todo o persoal do centro: alumnado, PAS e profesorado.

As cartas non poden exceder dunha páxina DIN A4 e poden escribirse en galego ou castelán. Os SMS poden estar escritos en calquera das catro linguas que se imparten no centro (galego, castelán, francés e inglés) e non poderán exceder os 140 caracteres.

Podedes achegarvos á biblioteca para recollerdes as bases completas do concurso e para entregar os vosos traballos. Tamén tedes un panel de materiais relacionados co tema e seguro que atopades algo que vos interese.

Animádevos a participar!

As persoas premiadas foron: María Riveiro e Alba García de 3º A e Zoe González de 3º PDC.

I Concurso de Carteis pola Paz

Con motivo do Día Escolar da Paz convocamos un Concurso de carteis pola Paz especialmente dirixido ao alumnado de 1º da ESO do Proxecto Interdisciplinar. Neses carteis tiñan que reflexionar sobre o concepto da Paz e expresalo graficamente nun cartel.


As persoas gañadoras foron Pablo Costa, Aroa Alvela, Carla Beiro e Lúa Trillo. Os premios consistiron nun CD-rom sobre a paz, lapis de cores e cadansúa libreta de Bibliotecas escolares.

Graciñas a todos os participantes e noraboa aos gañadores!

Que sabes ti do Prestige?

O afundimento do petroleiro Prestige supuxo un feito que marcou a vida dos nosos mariñeiros e mariscadoras, porque viron manchada de fuel durante moito tempo a costa na que traballan e non puideron saír a traballar  nela, pero tamén dos veciños/as do conxunto do Concello de Carnota e máis particularmente do pobo do Pindo.

A Confraría de Pescadores do Pindo, dentro do seu programa Pindo Mariño, convoca un concurso para conmemorar o X Aniversario do afundimento do Prestige e deste xeito achegar a estes cativos ó vivido naqueles intres, a Marea Nega de fuel e o movemento sen precedentes que se deu de Marea Branca do voluntariado.

Os destinatarios desta convocatoria son:

  • Alumnado de primaria do CEIP de O Pindo
  • Alumnado de primaria do CEIP de Carnota
  • Alumnado de secundaria do IES Lamas de Castelo

Para o alumnado de secundaria, o traballo consistirá en presentar unha narración, conto, relato, poema ou cómic que recolla o que saben sobre o Prestige. Terá unha extensión mínima de dous folios e estará redactado en galego. O prazo de entrega á o 14 de decembro.

II Concurso de Relatos Curtos do Centro de Día

O Centro de Día de Carnota en colaboración co Concello vén de convocar o II Concurso de Relatos Curtos, con motivo da celebración do Día Internacional do Maior o día 1 de outubro. O concurso ten como lema "Que podo aprender dunha persoa maior?"

Desde a biblioteca animámosvos a participar nesta actividade, que contribuirá a xerar unha concepción positiva da vellez, entendida como unha etapa autónoma, produtiva e participativa.

Poderán concorrer a este certame todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, con relatos inéditos en lingua galega, cun máximo de 1000 palabras e que traten da temática citada arriba. Pódense consultar as bases en arquivo adxunto.

 

Hoxe estamos de noraboa!!! Tres alumnas do centro foron as gañadoras do concurso:  María Carballo Caamaño (1º ESO), Noelia Pais Piñeiro (2º ESO) e Fátima Nieves Riveiro (3º ESO).

Noraboa a todos os que participastes e que cos vosos traballos fixestes un chisco máis alegre o tempo dos maiores do Centro de Día.

Diploma de participación no Bubisher

Neste curso participamos nunha actividade solidaria con moitas bibliotecas escolares galegas, na doazón de libros ás bibliotecas dos campos de refuxiados saharauís, o niño do Bublsher. Cada unha das bibliotecas enviou un libro para dotar esa biblioteca e agora, a Asociación de Escritores por el Sáhara mais o Bubisher entregáronnos este diploma conmemorativo.

Se queredes lembrar en que consistiu esta actividade podedes ler máis aquí.
Distribuir contido


by Dr. Radut