III Concurso de Relato Curto do Centro de Día

O Centro de Día de Carnota en colaboración co Concello vén de convocar o III Concurso de Relatos Curtos, con motivo da celebración do Día Internacional do Maior o día 1 de outubro. O concurso ten como lema "A que xogaban os nosos maiores?"

Desde a biblioteca animámosvos a participar nesta actividade, que contribuirá a xerar unha concepción positiva da vellez, entendida como unha etapa autónoma, produtiva e participativa.

Poderán concorrer a este certame todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, con relatos inéditos en lingua galega, cun máximo de 1000 palabras e que traten da temática citada arriba. 

Hoxe estamos de noraboa!!! Dous alumnos do centro foron premiados no concurso:  Brais Louro (2º A) co primeiro premio e Alba Sendón (3º A) co segundo.

Noraboa a todos os que participastes e que cos vosos traballos fixestes un chisco máis alegre o tempo dos maiores do Centro de Día.