II Concurso de Relatos Curtos do Centro de Día

O Centro de Día de Carnota en colaboración co Concello vén de convocar o II Concurso de Relatos Curtos, con motivo da celebración do Día Internacional do Maior o día 1 de outubro. O concurso ten como lema "Que podo aprender dunha persoa maior?"

Desde a biblioteca animámosvos a participar nesta actividade, que contribuirá a xerar unha concepción positiva da vellez, entendida como unha etapa autónoma, produtiva e participativa.

Poderán concorrer a este certame todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, con relatos inéditos en lingua galega, cun máximo de 1000 palabras e que traten da temática citada arriba. Pódense consultar as bases en arquivo adxunto.

 

Hoxe estamos de noraboa!!! Tres alumnas do centro foron as gañadoras do concurso:  María Carballo Caamaño (1º ESO), Noelia Pais Piñeiro (2º ESO) e Fátima Nieves Riveiro (3º ESO).

Noraboa a todos os que participastes e que cos vosos traballos fixestes un chisco máis alegre o tempo dos maiores do Centro de Día.