Benvidos á web do IES A Guía

Visita á Casa das Ciencias e á Torre de Hércules

O pasado 22 de maio, o alumnado de 2º de ESO do IES A Guía realizou unha saída á cidade de A Coruña. En primeiro lugar, visitaron a Casa das Ciencias, onde poideron experimentar en primeira persoa os contidos de materias como a física ou as matemáticas. Logo, desprazáronse á Torre de Hércules, o faro en funcionamento máis antigo do mundo.

Taller de materiais reciclados para a construción de vivendas no MARCO

O pasado 23 de maio, o alumnado de 3º de ESO do IES A Guía desprazouse ata o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) para participar nun taller de construción de casas con materiais de cartón reciclados. O motivo do taller é a celebración do Día Internacional dos Museos baixo o lema "museos, sostibilidade e benestar". Aquí tedes unha pequena mostra do traballo da montaxe das edificacións nesta actividade organizada polo departamento de Educación Plástica e Visual:

Festa dos maios no IES A Guía

O pasado 19 de maio, o alumnado de 1º de FPB ao completo e parte do alumnado das materias do departamento de música pertencentes aos cursos de 2º ESO, 4º ESO e 1º de Bacharelato celabraron a festa dos maios no IES A Guía. Unha actividade organizada multidisciplinarmente polo Equipo de Normalización da Lingua Galega, o departamento de música e o departamento de Comercio e Márketing, coa colaboración esencial do alumnado de 1º de FP Básica. Pódese ver o maio construído e o momento do baile tradicional.

Festa dos maios no Centro de Día Atalaia

O pasado día 19 de maio, celebrouse a festa dos maios co alumnado de 1º de FPB en colaboración co Centro de Día de maiores Atalaia. Foi un mes de intensa actividade colaborativa entre todo o profesorado e as traballadoras de Atalaia, no que se visitou o centro, fixeronse coplas, ensaiouse cos maiores, fixeronse dous maios (no IES A Guía e outro cos maiores), .... Finalmente todos desfrutamos dun gran día cantando e bailando xuntos. Grazas ás traballadoras do Centro de Día Atalaia pola súa benvida e a súa inxente labor e a todo o profesorado implicado na actividade.

Correlingua: "na casa, na escola, bota a lingua fóra"

O pasado 22 de maio, o alumnado de 1º de ESO do IES A Guía participou no correlingua baixo o lema " na casa, na escola, bota a lingua fóra", unha actividade impulsada polo equipo de Normalización Lingüística coa colaboración do Concello de Vigo.

O deporte na celebración da Semana das Letras

O pasado 18 de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado do Ciclo Superior de Acondicionamento Físico do IES A Guía levaron a cabo unha xornada de xogos populares dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO. Unha vez máis, foi un éxito de participación! Grazas ao equipo de Normalización Lingüística e ao departamento de Educación Física, que fixeron posible esta actividade. Para acceder á publicación prema aquí

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer