Blogues

Listaxe provisional Alumnado seleccionado Erasmus+

Xa podedes consultar a listaxe provisional de alumnado seleccionado para realizar as mobilidades Erasmus+ para ciclos superiores co programa KA131 do instituto.

<<Ligazón á listaxe>>

Se non estades de acordo con algunha das puntuacións, tedes un prazo de 5 días lectivos contados a partir do día seguinte da publicación para mandar a vosa reclamación ao email habitual.

Parabéns aos seleccionados e seleccionadas!

CONVOCATORIA ERASMUS+ PARA PROFESORADO

Convócanse 7 bolsas Erasmus+ para o profesorado de ciclos superiores do instituto.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 14 de febreiro

Máis información nas seguintes ligazóns:

- Texto completo da convocatoria

- Anexo I

- Anexo II

Charla informativa Erasmus+ Profesorado

O próximo xoves pola tarde imos ter unha charla informativa Erasmus+ para profesorado de ciclos superiores. Presentaremos a convocatoria KA131 desde ano, aclararemos dúbidas e escoitaremos as experiencias dos profes que foron o ano pasado. Non volo perdades!

Calendario de entrevistas Erasmus+ para ciclos superiores

Xa podedes consultar na seguinte ligazón o calendario de entrevistas como parte do proceso de selección para as bolsas Erasmus+ de ciclos superiores:

<<Clica aquí>>

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer