2019-20

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA E DO CALDO DE GLORIA

   O luns 17 de febreiro festexamos, un ano máis, o Día de Rosalía e o Caldo de Gloria. Desta volta a celebración foi, se cabe, máis emotiva ca nunca, pois a nosa Estrela máis universal cobrou vida da man da nosa particular Rosalía, a nosa compañeira Anxos García, que nos levou da man pola vida da autora desde os seus inicios, facéndonos un percorrido vital e literario marabilloso, un percorrido que nos ensinou a muller intelixente, soñadora, forte, sensible, agradecida… que foi, é e será sempre a nosa luz e guía literaria, cultural e lingüística. En fin, hoxe vimos a constelación que forma toda a súa xenial obra literaria guiados por ela mesma e por un excepcional elenco de actrices e actores que foron mozas e mozos, cabaleiros e musas…que cantaron ao amor, ao desamor, ás alegrías, ás penas… co brillo da nosa Estrela.

   O remate da festa, como non podía ser doutro xeito, púxoo unha boa escolla da nosa música tradicional e a degustación do exquisito caldo elaborado pola nosa compañeira María López, nas cociñas do Centro.

   Feliz conmemoración a todas e todos!

   Presentamos a continuación unha pequena mostra do acontecido.

FESTIVAL DO ENTROIDO - EUMEWOOD

   Neste entroido tivo lugar no IES Fraga do Eume a primeira edición do Festival EumeWood. O alumnado sacou a escena, nada máis e nada menos, que 20 películas. É de destacar a calidade das comparsas, que con coreografía incluída, animaron a mañá do pasado venres 21 de febreiro no noso espectacular centro de ensino secundario.

   A película gañadora foi Flashdance, na que o alumnado de 1º ESO A soubo sacar  partido á súa popular banda sonora con elementos de percusión e movementos de danza que nos trasladaron a mensaxe de que para que os soños se cumpran hai que perseguilos. 

   O segundo premio recaeu no alumnado de 2º ESO B, que con claqueta incluída, gravou tres películas:  O Gran Ditador, Teen Beach Movie e Starwars.

   Luces , cámara, acción... 

   Aquí tedes a gravación do festival.

TALLER DI-K-NON ÁS DROGAS (UTE de Teixeiro en colaboración coa Fundación Barrié).

   O pasado martes 11 de febreiro tivemos no IES unha charla/coloquio cun grupo de internos e profesionais da Unidade Terapéutica  e Educativa de Teixeiro. 

   Realizaron unha representación teatral onde, de xeito alegórico, quixeron expresar as situacións derivadas do consumo de drogas e as súas consecuencias. A continuación os presos relataron a súa vida, como entraron en contacto coas drogas e que consecuencias tiveron para a súa vida, laboral e persoal. Ao rematar tiveron un coloquio co alumnado asistente (1º e 2º FP Básica e 4º ESO), que resultou moi interesante para todos. Neste coloquio os rapaces mostraron as súas dúbidas, inquedanzas … e fixeron varias preguntas.

   Agradecemos á UTE de Teixeiro, aos seus responsables e á Fundación Barrié a posibilidade de participar neste programaAgradecemos aos internos de Teixeiro que compartiran con nós as súas experiencias vitais e a dispoñibilidade que mostraron en todo momento.

LA SUISSE FRANCOPHONE

Tagged:

   En 2020, la Francophonie célèbre son Cinquantenaire.

   C’est pour ça que nous avons invité Sarah Villard qui a fait rayonner le français au sein de notre établissement. La Suisse, où elle habite, a été le sujet de cette conférence. Nos élèves ont profité pour lui poser des questions et mettre à l’épreuve leur niveau de français. Quel succès !

   Merci Sarah d’avoir répondu à notre invitation et d’être venue pour inaugurer cette année si importante. 

VIVE LA CHANDELEUR!

Tagged:

   La fête de la Chandeleur est l’occasion de déguster les premières crêpes de l’année et c’est pour ça que Christelle Vilariño, élève de CMPRC 1º nous a livré ses secrets pour ne pas rater ses crêpes et les faire sauter à fin de  s’attirer chance, bonheur et richesse pendant tout le restant de l’année.

   O día 2 de febreiro celébrase en Francia a festividade da Chandeleur, tamén chamado o “Día da Crêpe”. A tradición dita que a familia e grupos de amigos reúnense para cociñar “crepes” cunha moeda de ouro na man. Se consegues voltear a “crepe” no aire sen que caia terás sorte todo o ano. 

   Coa finalidade de participar desta celebración parte do alumnado que cursa francés asistiu a unha clase práctica impartida por Christelle Vilariño Vicente, alumna de 1º curso do ciclo medio de panadería, repostaría e confeitaría.

   O alumnado estivo moi atento á preparación da receita, aprendeu o listado de ingredientes e os máis atrevidos cociñaron o seu propio “crepe”.

O ALUMNADO DE 1º E 2º DE BAC VISITA A USC (04-02-2020)

   O departamento de orientación organiza para o alumnado de bacharelato unha visita á Universidade de Santiago de Compostela (Programa A Ponte) para informarse e orientarse sobre o seu futuro académico e profesional.

   Aproveitaron a estancia en Santiago para acudir ao Museo de Historia Natural.

VISITA A DOMUS PARA PARTICIPAR NO ESPAZO MAKER E LABORATORIOS (28-01-2020)

Tagged:

   O alumnado de 2º ESO participou no obradoiro de circuítos eléctricos, no que experimentaron con baterías, lámpadas, timbres, interruptores e outros compoñentes. 

   Nunha práctica nos menos amena e interesante, o alumnado de bacharelato que cursa bioloxía participou nun obradoiro de biotecnoloxía co fin de aprender os protocolos a seguir e as diferentes técnicas na transformación bacteriana mediante a manipulación xenética e a observación do ADN alterado.

O profesorado dos departamentos do centro implicados, bioloxía e tecnoloxía, congratúlanse do bo facer do alumnado e das experiencias recibidas.

PAPIROMATES E VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Tagged:

   O luns 20 e o martes 21 de xaneiro o noso alumnado da ESO realizou unha saída a Ferrol para visitar a exposición “Papiromates” e o “Museo de Historia Natural”.

   En “Papiromates” vimos a relación entre a papiroflexia e as matemáticas mediante unha xincana, gozando a maiores da coidada elaboración (sen emprego de pegamentos nin tesoiras) das figuras alí expostas e traídas do Museo de “Origami de Zaragoza”. 

   No Museo de Historia Natural a Sociedade Galega  de Historia Natural, entidade que xestiona o museo, recordounos  a necesidade vital do respecto e defensa da natureza.  

   Entre os seus fondos, achegados por particulares, destaca a maior colección de ósos de cetáceos de España e unha das mellores do mundo, con exemplares de até 15 millóns de anos. 

   O espazo expositivo alberga coleccións de peles e aves, fósiles de especies terrestres e mariñas, así como exemplares de insectos, baleas, serpes... 

   Tamén conta cunha das maiores coleccións de cunchas mariñas do mundo. Sobresae ademais a sección de botánica, cunhas 200 pezas, con seis das mesmas incluídas no “Catálogo de árbores senlleiras” da Xunta de Galicia.

   Sen dúbida, dúas visitas totalmente recomendables!

TEATRO EN FRANCÉS, LE DÎNER DE CONS - 20/01/2020

Tagged:

   Un grupo de francófonos do IES Fraga do Eume fomos ver a peza de teatro Le dîner de cons, de Francis Veber, unha das comedias de maior éxito en Francia. 

   Máis información (opinións do alumnado).

Distribuir contido