Orientación

PROGRAMA ORIENTA

Tagged:

Preme na imaxe para comezar.

 

 

TALLER DI-K-NON ÁS DROGAS (UTE de Teixeiro en colaboración coa Fundación Barrié).

   O pasado martes 11 de febreiro tivemos no IES unha charla/coloquio cun grupo de internos e profesionais da Unidade Terapéutica  e Educativa de Teixeiro. 

   Realizaron unha representación teatral onde, de xeito alegórico, quixeron expresar as situacións derivadas do consumo de drogas e as súas consecuencias. A continuación os presos relataron a súa vida, como entraron en contacto coas drogas e que consecuencias tiveron para a súa vida, laboral e persoal. Ao rematar tiveron un coloquio co alumnado asistente (1º e 2º FP Básica e 4º ESO), que resultou moi interesante para todos. Neste coloquio os rapaces mostraron as súas dúbidas, inquedanzas … e fixeron varias preguntas.

   Agradecemos á UTE de Teixeiro, aos seus responsables e á Fundación Barrié a posibilidade de participar neste programaAgradecemos aos internos de Teixeiro que compartiran con nós as súas experiencias vitais e a dispoñibilidade que mostraron en todo momento.

O ALUMNADO DE 1º E 2º DE BAC VISITA A USC (04-02-2020)

   O departamento de orientación organiza para o alumnado de bacharelato unha visita á Universidade de Santiago de Compostela (Programa A Ponte) para informarse e orientarse sobre o seu futuro académico e profesional.

   Aproveitaron a estancia en Santiago para acudir ao Museo de Historia Natural.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO PARTICIPA NO DÍA DA ENXEÑARÍA NO CAMPUS DE FERROL

   O alumnado de 1º de BAC asistiu hoxe, 17 de xaneiro, ao Campus Universitario de Ferrol para participar na III edición da xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría”.

   A participación do noso alumnado, como actividade complementaria dos departamentos de tecnoloxía e de orientación, tivo como obxectivo coñecer en detalle os graos de enxeñaría que se ofertan en Ferrol. 

   O noso alumnado participou en diferentes actividades: buques e ondas no canal de ensaios hidrográficos, simulación de máquinas e vehículos, aplicacións do láser, robótica autónomo, a enxeñaría eléctrica como motor de cambio …

CHARLA SOBRE AS FORZAS ARMADAS

Onte, 16 de xaneiro, o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC recibiu a visita de dous representantes das Forzas Armadas para informarlles sobre as vías de acceso ao exército e as oportunidades profesionais que se lles presentan nel. 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

   O departamento de orientación do centro organizou, o pasado martes 14 de xaneiro, unha serie de charlas que se enmarcan dentro do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos. 

   As charlas, que foron impartidas por unha experta da Garda Civil, contribúen á formación do noso alumnado sobre problemas de seguridade, o respecto ós dereitos e liberdades fundamentais e a educación en saúde e en valores de dignidade e igualdade entre homes e mulleres.

   As charlas deste curso tiveron as seguinte temáticas: novas tecnoloxías (1º ESO), acoso escolar (2º ESO) e drogas e alcol (3º e 4º de ESO).

CHARLA SOBRE PROSTITUCIÓN E EXPLOTACIÓN SEXUAL, A CARGO DE AMELIA TIGANUS

   O pasado luns, 13 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO e 1º de BAC tivo a oportunidade de escoitar en primeira persoa á activista feminista rumana Amelia Tiganus.  

   Na  charla, organizada polo concello de Cabanas en colaboración co departamento de orientación do IES Fraga do Eume, Amelia insistiu en que as mulleres teñen dereito a gozar dunha sexualidade libre, pracenteira e en igualdade de condicións. Recalcou que mentres haxa homes que paguen por obter pracer non imos conseguir a liberdade e ese dereito ao propio corpo.

   Amelia, que define o prostíbulo como un campo de concentración para mulleres migradas e empobrecidas, traballa por unha máxima: a prostitución ten que ser abolida. O estado debe perseguir o proxenetismo e aos homes que que consomen prostitución, que son os que financian este sistema de escravitude.

CAMBIOS IMPORTANTES DA ABAU 2020

Tagged:

DATAS: 9,10 e 11 de xuño para a convocatoria ordinaria) e 7, 8, e 9 de xullo para a extraordinaria.

PDF coas novidades.

Distribuir contido