ACCESO RESTRINXIDO AO CENTRO Soamente poderá acceder (sen cita previa): .- Persoal docente. .- Persoal de administración e servizos. .- Alumnado. |
CITA PREVIA O resto das persoas deben solicitar cita previa: 881 93 04 48 ies.fraga.eume@edu.xunta.gal
|
CARMEN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, ALUMNA DE 2º BACHARELATO, GAÑA OS PREMIOS LITERARIOS MINERVA 2021
ADMISIÓN DE ALUMNADO – CURSO 2021/2022 (ESO e Bacharelato) Garantía de permanencia no centro. O alumnado matriculado no centro ten garantida a súa permanencia. Non require un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro. Deberá formalizar a matrícula en tempo e forma (entre o 28 de xuño e o 9 de xullo). Do 1 de xaneiro ao 8 de febreiro: FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓNS (alumnado que cambia de etapa). Ligazón á información oficial. Antes do 1 de marzo: PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES. Do 1 ao 22 de marzo: PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN (alumnado procedente de centros non adscritos). Preferentemente por sede electrónica. Vacantes e información - Resumo da normativa vixente Antes do 25 de abril: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS. Antes do 15 de maio: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS.
|
![]() |
Carmen González Fernández, alumna de 2º de bacharelato, foi a gañadora dos mencionados premios na modalidade de narración.
Peleteiro, reuniuse o xoves 18 de marzo para ditar o fallo da edición número corenta e nove dos recoñecidos galardóns. O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras.
A entrega dos premios foi o 14 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel actuou como mantedor o escritor e historiador Ramón Villares Paz. Os e as autoras premiadas leron unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.
1º PREMIO MODALIDADE DE NARRACIÓN: Carmen González Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Fraga do Eume de Pontedeume, polo seu relato Teatro de fume. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.
No minuto trinta e cinco do seguinte vídeo Carmén fai lectura dun fragmento da obra e recolle o premio.
O venres 26 de marzo o alumnado de 1º ESO participou na “Sementeira de versos” no Paseo marítimo de Rosalía de Castro. Esta actividade, organizada polo Concello de Pontedeume, ten como finalidade que a poesía floreza entre nós e supón o agradecemento ás nenas e nenos por cumprir dun xeito exemplar coas normas sanitarias deste curso atípico, rompendo por un anaquiño coa rutina diaria, cunha plantación diferente e divertida.
O día 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller, o alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade coa finalidade de homenaxear a muller e visibilizar o importante que é camiñar cara a igualdade real entre homes e mulleres. As rapazas e rapaces implicáronse activamente nunha tarefa diferente e divertida que evidencia que todos somos iguais. Parabéns!
A actividade pechouse cun agasallo moi especial, un almorzo para as rapazas e rapaces de 1º de ESO elaborado e servido polo alumnado de 1º de Ciclo Medio de Servizos en Restauración dirixidos por Olga Vizoso Arribe e o alumnado de 1º e 2º de Ciclo Medio de Panadaría, repostaría e confeitaría, dirixidos por Mercedes Fernández Méndez e María Arribi Barcia.
Para conmemorar o pasado "Día da Muller e da Nena na Ciencia", o alumnado de primeiro e segundo da ESO participou no concurso (promovido polo Departamento de Matemáticas e o Equipo de Dinamización Lingüística) "Matemáticas é feminino", elaborando uns carteis onde se dese visibilidade ás mulleres dedicadas ás matemáticas. E xa temos carteis gañadores!!! Nos próximos días recibirán os agasallos. Moitísimas grazas a todo o alumnado pola participación!!!
O día 12 de marzo o alumnado de 3º de ESO asistiu á videoconferencia “As miradas de Isaac” impartida desde a Cidade da Cultura.
Da man do persoal de guías do Museo Gaiás, os rapaces e rapazas introducíronse de forma virtual na vida dunha personaxe irrepetible, como foi Isaac Díaz Pardo, quen abordou múltiples disciplinas: arte, intelecto, técnicas…e sacou adiante importantes iniciativas que acadaron un salientable papel no conxunto da cultura galega do século XX. Nesta visita en liña, que é unha exposición homenaxe polo centenario do nacemento do artista, coñeceron o seu polifacético universo: ceramista, pintor, deseñador, escritor, editor, empresario... nun percorrido entre obras de arte, obxectos diversos, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións. Sen dúbida un gran descubrimento sobre a nosa cultura para o alumnado de 3º.
Anxos García é profesora do instituto Fragas do Eume de Pontedeume. O ano pasado, celebrando o Día de Rosalía de Castro no centro, decatouse, durante unha actividade, de que a utilización dunha actriz que encarnaba a poeta e falaba sobre esta en primeira persoa “triunfou e sorprendeu enormemente o alumnado”, asegura en declaracións a Nós Diario.
Ligazón á información completa