ACCESO RESTRINXIDO AO CENTRO

Soamente poderá acceder (sen cita previa):

.- Persoal docente.

.- Persoal de administración e servizos.

.- Alumnado.

O resto das persoas deben solicitar

CITA PREVIA881 93 04 48

cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal

 

 


 

 

 

 

MUDAMOS DE WEB!!!

 

 

Ven a visitarnos en https://www.cifpfragadoeume.gal/

 

 

PRAZAS LIBERADAS 22/23

 

 

LISTADO DE MATERIAL 22/23

 

Descarga aquí a listaxe de material e uniformes. 

 

 

GUÍAS CURSO 22/23

 

XORNADA DE ACOLLEMENTO

CURSO 22/23

 

 

Descarga aquí os horarios, datas e aulas

A presentación terá lugar no taller-comedor.

 

 

 

HORARIO APERTURA AGOSTO:

Luns a venres: 10 a 13 h

 

 

LISTAXE 1ª ADMISIÓN ORDINARIA

Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas

(Todas as modalidades)

Matriculación: do 19 de xullo ás 9:00 ao

22 de xullo ás 13:00 horas

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES

CURSO 22/23

 

Instruccións para consultar o código persoal de consulta (CPC)

 

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDA/OS

FP DUAL (SUPERIOR)

Descarga aquí a listaxe provisional de

admitida/os no FP Dual (superior).

 

       ATENCIÓN:

 

O alumnado que aparece na listaxe adxunta coa

solicitude admitida deberá asistir ás entrevistas

coas empresas colaboradoras o luns 11,

martes 12 e mércores 13 de xullo ás 10 horas no

CIFP Fraga do Eume.

 

OFERTA FORMATIVA PARA O

VINDEIRO CURSO 22/23:

Consúltaa no vídeo, na presentación ou

na imaxe de debaixo:

 

 

PROBAS LIBRES XUÑO (21/22)

(Actualizado 24/05/2022)

  

  • A asistencia a esta xornada de acollemento

é obrigatoria para os/as candidatos/as.

  • A non asistencia nin xustificación 

documental, implicará a baixa de oficio das
probas. 

 

CALENDARIOS PD MAIO-XUÑO (21/22):

(Actualizado 24/05/2022)

RECOGIDA DE TÍTULOS

El alumnado que efectuase el pago de tasas del título antes de

noviembre de 2020, puede pasar por el centro a retirarlo. Para

recogerlo es imprescindible que lo realice personalmente y que

acredite su identidad mediante el DNI. 

 

PLAN DE IGUALDADE (novembro 2021)

PLAN DE CONVIVENCIA (abril 2022)

 

BECAS CURSO 22/23

 

¿QUERES FORMARTE NUNHA PROFESIÓN

CON FUTURO? INSCRÍBETE AQUÍ EN

OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA

 

 

POLITICA DE CALIDADE (Enlace)

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS                                       

Facebook FP Galicia

 


PROGRAMAS INTERNACIONAIS (FCT NO EXTRANXEIRO)

NOF do CIFP Fraga do Eume (documento)

CORREOS DE INTERES DO CENTRO

Acreditacións:
acreditacion.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Xestión de calidade:
xescal.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Relación con empresas:
relacionconempresas.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Orientación:
orientacion.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Programas internacionais :
programas.internacionais.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Biblioteca:
biblioteca.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
TIC
tic.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal

Primeiro clasificado Galicia Skills

GUIA DO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN
GUIA DO ALUMNADO

XORNADA DE ACOLLEMENTO
  

PRAZOS DE ADMISIÓN FP - CURSO 2021-2022

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

NOVOS CICLOS DE FP

A oferta educativa de FP no Fraga do EUME incorpora os seguinte ciclos de grao superior:

Axencias de viaxes e xestión de eventos 

Xestión de aloxamentos turísticos 

Información sobre o resto da oferta

 

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Tagged:

   

   

   O día 29 de xaneiro celebramos no noso IES o Día da Paz e a non violencia.

   O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos estabamos convocados para acudir ao centro vestidos con algunha peza de roupa en branco. Para simbolizar que sempre é máis o que nos une que o que nos separa. 

   Houbo quen dixo: a cor branca é coa que se pinta a PAZ. E unha alumna moi ocurrente comentou, unidos e unidas do mesmo xeito que se unen todas as cores do arco da vella para formar esta cor: o branco. Cada cor tan diferente... Non si? Pois igualiño que nós...

   De distinta procedencia ou modos de pensar, entre outras moitas cousas, pero coa mesma educación, inspirada na non violencia, na resolución de conflitos e a convivencia, que nos convirte en cidadáns críticos e comprometidos de verdade non só cos nosos dereitos senón tamén cos dereitos dos demais.

   “O futuro depende do que fagas hoxe” Dixo alguén un día...

   Por iso hoxe no noso IES quixemos facer isto. Porque as pequenas cousas que fagamos hoxe son as que irán dando forma ao noso futuro. E isto tampouco  o digo eu... Quen o dicía era Gandhi.

   O cartel para o "Photocall" foi realizado polo alumnado na clase de educación plática, visual e audiovisual.

REPARTO DE FROITA FRESCA - ALIMÉNTATE BEN!

   O pasado luns 18 de xaneiro comezamos co reparto de froita fresca no centro que se desenvolverá ao longo de 10 días lectivos consecutivos en xaneiro e outros dez en maio.

   Coa participación activa do alumnado, poñemos en acción distintas iniciativas de centro que tratan de influír con acerto naqueles patróns de conducta que repercuten na saúde das persoas.

   Actuacións que baixo o lema “Código QC”,- goza coa química do teu cerebro -, fan alusión á necesidade dunha alimentación saudable e unha vida activa de socialización evitando o sedentarismo e a inxesta sustancias tóxicas como elementos indispensables para ter calidade de vida.

ADQUISICIÓN DUN DESA. CURSO DE SOPORTE VITAL BÁSICO E USO DO DESFIBRILADOR.

Tagged:

    O IES Fraga do Eume compra un desfibrilador externo semiautomático. Os DESA son dispositivos con computadora, fiables e seguros que liberan unha descarga eléctrica a determinadas persoas cun paro cardíaco cando é debida a unha fibrilación ventricular.

   Varios profesores e profesoras asistiron a un curso oficial impartido no propio centro polo “GRUPO SALVAVIDAS” cos obxectivos de adquirir os coñecementos, destrezas e a experiencia necesaria para realizar unha primeira atención ante unha emerxencia ata a chegada dos equipos sanitarios.

ACTIVIDADE ONLINE DE ELABORACIÓN DUN MENÚ DE NADAL

Tagged:

Actividade online de elaboración dun menú de Nadal dentro da Programación de Nadal 2020/2021 do Concello de Pontedeume. Coa colaboración do alumnado do IES Fraga do Eume.

Concello de Pontedeume- Obradoiro online de cociña "Menú de Nadal" from Concello de Pontedeume on Vimeo.

DELF SCOLAIRE 2020: 100% DE APROBADOS

Tagged:

   

   El DELF scolaire es una prueba de nivel de francés organizada por la Alianza francesa a la que nos hemos presentado los alumnos de 2º de bachillerato del IES Fraga do Eume, obteniendo un B1.

   Antes de la prueba todo eran nervios, pero cuando nos pusimos manos a la obra vimos que no teníamos por qué preocuparnos.

   Fue una experiencia “superbe”!!!

NOVIDADES NOS FONDOS DA BIBLIOTECA

Tagged:

 Deixamos aquí un vídeo no que se amosan os libros e materiais incorporados á nosa biblioteca e dispoñibles para consulta e préstamo.

 Comentarvos tamén que xa temos á vosa dispoñibilidade tres “e-readers” cargadiños de contidos.

 Lembrade que podedes facer peticións e suxestións a través do noso correo electrónico bibliofragadoeume@gmail.com.

A BIBLIOTECA VAI CONTIGO: GALICIA LE

Tagged:

   Galicia Le é unha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico da Rede de Bibliotecas Públicas. 

   Tes a túa disposición libros, revistas, películas, curtas, audiolibros...

   Hai fondos para todas as idades cunha temática variada: viaxes, ficción, historia, cociña, informática, historia, biografías.

   Poderás acceder en calquera lugar e momento dende GaliciaLe.gal.

“A roda que sempre xira” de Carmen González Fernández premiada no concurso de Contos Vila de Pontedeume.

   Carmen que cursa 2º de Bacharelato no IES Fraga do Eume acada o o primeiro premio da XXX Concurso  de Contos Vila de Pontedeume.

   Esta vez si, despois de conseguir un accésit na edición anterior, o fallo do xurado incorpora a Carmen González Fernández á lista de premiados dun dos concursos literarios con máis tradición na comarca.

   O Concello de Pontedeume, que con esta actividade trata de estimular a creación literaria dos estudantes menores de 20 anos, aporta unha dotación económica de 600 euros para o primeiro premio.

Carmen recollendo o premio de mans do alcalde no salón de actos  da Casa Consistorial de Pontedeume”.

ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

Tagged:

   O pasado venres 27, despois dunha intensa deliberación, os membros do xurado fallaron e entregaron os premios da 3ª edición do Concurso de  Microrrelatos de Terror do IES Fraga do Eume.

   O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co equipo da Biblioteca do centro agracedemos a participación de todo o alumnado e presentamos ás persoas gañadoras en cada unha das categorías.

 

Premio da categoría para 1º,2º e 3º de ESO: Mara Álvarez López de 1º de ESO.

Ligazón ao microrrelato de Mara.

  Premio da categoría para 4º ESO e Ciclos FP: Juana Cendán Martínez de 1º ZCOGA

Ligazón ao microrrelato de Juana.

 

Parabéns por estes magníficos traballos!

Imaxe da recollida do premio de Mara acompañada polas súas compañeiras e tamén participantes.

Distribuir contido