ADQUISICIÓN DUN DESA. CURSO DE SOPORTE VITAL BÁSICO E USO DO DESFIBRILADOR.

Tagged:

    O IES Fraga do Eume compra un desfibrilador externo semiautomático. Os DESA son dispositivos con computadora, fiables e seguros que liberan unha descarga eléctrica a determinadas persoas cun paro cardíaco cando é debida a unha fibrilación ventricular.

   Varios profesores e profesoras asistiron a un curso oficial impartido no propio centro polo “GRUPO SALVAVIDAS” cos obxectivos de adquirir os coñecementos, destrezas e a experiencia necesaria para realizar unha primeira atención ante unha emerxencia ata a chegada dos equipos sanitarios.