PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Prazo de presentación: do 21 de maio ao 22 de xuñoO alumnado repetidor de 4º de ESO, una vez matriculado en setembro, dispoñerá dun mes para facer a solicitude.

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - Curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020/21– E.S.O.

Ø      Asignación de libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar (con preferencia para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda).

Ø     Esgotados os libros dispoñibles, o centro adquirirá os libros complementarios con condicións de renda para garantir un mínimo de:

§  6 libros (renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €).

§  4 libros (renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €). 

§  Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

Ø     Alumnado con necesidades específicas de apoio que non usa os libros de texto do curso no que está matriculado. Previo informe do centro poderá recibir un vale de 240 € (renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € ou alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %) ou 160 € (renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €).

MATERIAL ESCOLAR – E.S.O.

Ø     Para o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€: importe de 50€.

FORMA DE PRESENTACIÓN: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación informática FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (ligazón á sede e á documentación - anexos).

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes e documentación DE FORMA PRESENCIAL CON CITA PREVIA.

Solicitude en papel e documentación a achegar: ligazón

Ø     Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. 

Ø     No caso de ter máis dun menor escolarizado no mesmo centro, preséntase UNHA única solicitude.

Ø     Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/21. 

Ø     Será imprescindible para poder participar a devolución dos libros de texto e material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2020/21 (agás dos libros de texto de materias pendentes para setembro). O procedemento de devolución será anunciado en próximas datas.

Ø     Deficiencias, enmenda e, de ser o caso, exclusión. Publicaranse no taboleiro de anuncios, e anunciarase na web do centro dita publicación (prazo de 10 días para emendas e/ou deficiencias).

ENTREGA DE LIBROS A PARTIR DO 15 DE SETEMBRO E, EN TODO CASO, ANTES DO 24 DE SETEMBRO. 

ENTREGA DE VALES PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR una vez que o alumno/a este matriculado/a e comprobada a devolución de libros do curso pasado. Anunciarase na web do centro.

 Máis información: LIGAZÓN