REPARTO DE FROITA FRESCA - ALIMÉNTATE BEN!

   O pasado luns 18 de xaneiro comezamos co reparto de froita fresca no centro que se desenvolverá ao longo de 10 días lectivos consecutivos en xaneiro e outros dez en maio.

   Coa participación activa do alumnado, poñemos en acción distintas iniciativas de centro que tratan de influír con acerto naqueles patróns de conducta que repercuten na saúde das persoas.

   Actuacións que baixo o lema “Código QC”,- goza coa química do teu cerebro -, fan alusión á necesidade dunha alimentación saudable e unha vida activa de socialización evitando o sedentarismo e a inxesta sustancias tóxicas como elementos indispensables para ter calidade de vida.