DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Tagged:

   

   

   O día 29 de xaneiro celebramos no noso IES o Día da Paz e a non violencia.

   O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos estabamos convocados para acudir ao centro vestidos con algunha peza de roupa en branco. Para simbolizar que sempre é máis o que nos une que o que nos separa. 

   Houbo quen dixo: a cor branca é coa que se pinta a PAZ. E unha alumna moi ocurrente comentou, unidos e unidas do mesmo xeito que se unen todas as cores do arco da vella para formar esta cor: o branco. Cada cor tan diferente... Non si? Pois igualiño que nós...

   De distinta procedencia ou modos de pensar, entre outras moitas cousas, pero coa mesma educación, inspirada na non violencia, na resolución de conflitos e a convivencia, que nos convirte en cidadáns críticos e comprometidos de verdade non só cos nosos dereitos senón tamén cos dereitos dos demais.

   “O futuro depende do que fagas hoxe” Dixo alguén un día...

   Por iso hoxe no noso IES quixemos facer isto. Porque as pequenas cousas que fagamos hoxe son as que irán dando forma ao noso futuro. E isto tampouco  o digo eu... Quen o dicía era Gandhi.

   O cartel para o "Photocall" foi realizado polo alumnado na clase de educación plática, visual e audiovisual.