“A roda que sempre xira” de Carmen González Fernández premiada no concurso de Contos Vila de Pontedeume.

   Carmen que cursa 2º de Bacharelato no IES Fraga do Eume acada o o primeiro premio da XXX Concurso  de Contos Vila de Pontedeume.

   Esta vez si, despois de conseguir un accésit na edición anterior, o fallo do xurado incorpora a Carmen González Fernández á lista de premiados dun dos concursos literarios con máis tradición na comarca.

   O Concello de Pontedeume, que con esta actividade trata de estimular a creación literaria dos estudantes menores de 20 anos, aporta unha dotación económica de 600 euros para o primeiro premio.

Carmen recollendo o premio de mans do alcalde no salón de actos  da Casa Consistorial de Pontedeume”.