ELABORACIÓN DE BOSQUEXOS PARTINDO DUN ESTUDO SOBRE A NOSA CONTORNA CO FIN DE REALIZAR UN MURAL DE 12X2 M PARA O PATIO DO CENTRO.

Tagged:

   Descrición: Actividade realizada no 3º trimestre. Alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Debuxo artístico.

   O alumnado de 2º de bacharelato de Debuxo artístico realizou un estudo das obras de artistas tanto galegos como internacionais para este traballo. Entre os artistas mencionados, no ámbito das artes plásticas viron obras de Urbano Lugrís, David Hockney, Henri Matisse, Maruja Mallo, Georgia O’ Keefe. Esta escolla de artistas históricos tanto das vangardas como do postimpresionismo e o popart, foi seleccionada en base ao seu interese pola natureza, o uso que fixeron da cor e o mesmo o simbolismo que transmiten as súas obras. Pero non só traballaron con artistas históricos, senón tamén estudaron as expresións artísticas máis actuais a través da arte urbana con artistas como: Lidia Cao, Yoseba MP (ambos galegos), Okuda, Boamistura, Estanpintando, BanKsy, Maser, Maya Ayuck, Camille Wacala ou  Jennifer Parks. Algúns son colectivos de artistas que traballan desde diversas disciplinas artísticas.

   Trataron de unir deseños inspirados na botánica das fragas do eume con todo o visto na fase de documentación. Deste modo obtiveron os primeiros bosquexos. Con todos eles fíxose un ensamblaxe das distintas interpretacións para xerar un completo bosquexos final.

Finalmente escolleron un camiño lúdico e alegre, cheo de cores, con debuxos próximos ao mundo do cómic, nalgúns casos, e que destaca nun espazo que antes era sombrío e húmido. Un paseo a toda cor que nos leva desde o universo ata a natureza cun tratamento figurativo e libre da imaxe.

   Os alumnos de 1º de bacharelato da mesma materia colaboraron na parte de pintado “in situ”, en base ós bosquexos propostos polos alumnos de 2º.