FESTIVAL DO ENTROIDO - EUMEWOOD

   Neste entroido tivo lugar no IES Fraga do Eume a primeira edición do Festival EumeWood. O alumnado sacou a escena, nada máis e nada menos, que 20 películas. É de destacar a calidade das comparsas, que con coreografía incluída, animaron a mañá do pasado venres 21 de febreiro no noso espectacular centro de ensino secundario.

   A película gañadora foi Flashdance, na que o alumnado de 1º ESO A soubo sacar  partido á súa popular banda sonora con elementos de percusión e movementos de danza que nos trasladaron a mensaxe de que para que os soños se cumpran hai que perseguilos. 

   O segundo premio recaeu no alumnado de 2º ESO B, que con claqueta incluída, gravou tres películas:  O Gran Ditador, Teen Beach Movie e Starwars.

   Luces , cámara, acción... 

   Aquí tedes a gravación do festival.