2019-20

LECCIÓNS SOBRE EMPRENDEMENTO DA MAN DE CHEFS AFAMADOS

Tagged:

   A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social organizou o pasado venres un encontro sectorial entre alumnos do IES Fragas do Eume e tres cociñeiros de éxito, que contaron a súa experiencia profesional á fronte dos seus restaurantes.

   Enlace á noticia no xornal “Diario de Ferrol”.

LES CATHERINETTES ET LES NICOLAS (4 édition - 2019)

Tagged:

   Un ano máis o IES Fraga do Eume celebra a festa das Catherinettes. O alumando de 1º ESO creou os sombreiros pensando nunha muller ou nun home de 25 anos, solteira ou solteiro, cuns gustos determinados que se ven reflexados nos mesmos. Paralelamente, o alumnado que cursa francés tamén participoun na elaboración dun poema dedicado ás Catherinettes e aos Nicolas. 

   Contamos tamén nesta edición cunha entrevista a Nuria Piñeiro, a catherinette, que levou o sombreiro durante todo o horario lectivo.

    

   Enlace para ver a entrevista, o poema e ós premiados.

CONMEMORACIÓN DO 25 N

Tagged:

   Que estes rótulos non marquen as túas pegadas pola vida!

   A lectura de fragmentos de libros, improvisacións teatrais, actividades deportivas e as titorías, entre outras, son actividades que desenvolvemos de maneira regular ao longo do curso na procura dunha educación baseada no respecto, na igualdade e na resolución de conflitos de maneira amigable.

ASISTENCIA A LA REPRESENTACIÓN TEATRAL FUENTEOVEJUNA

    El pasado Miércoles 13 de Noviembre iniciamos las visitas al teatro, lo que se ha convertido en una tradición de hace más de 25 años en el Departamento de Lengua Castellana y Literatura del IES Fraga do Eume.

   Esta vez la obra elegida fue una versión de Fuenteovejuna de Lope de Vega. Se trata de una obra muy representativa del teatro del Siglo de Oro que ha pasado a la historia de la literatura española y también de la cultura popular con la famosa frase “Todos a una como en Fuenteovejuna”. Aunque entrañaba una cierta dificultad, creemos que la representación ha sido muy digna y una experiencia interesante para todos. Queremos destacar también el animado coloquio que mantuvimos con los actores al final de la representación en el que nos descubrieron parte de los secretos del mundo del teatro. 

   Para sus profesoras acompañantes ha sido un auténtico placer llevar a nuestros alumnos de 4º de ESO y 1º de Bachillerato a esta obra en la que, como siempre, se han sido muy respetuosos y han demostrado que son unos espectadores “adultos”.

PRESENTACIÓN DO LIBRO DO MANUEL MURGUÍA

Tagged:

 

   O centro cívico de Arteixo foi escenario o pasado xoves 14 de novembro da presentación do Libro ”A Secreta Melancolía Da Garza” que recopila os traballos gañadores das tres últimas edicións do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. 

   A obra inclúe textos de Mercedes Leobalde, Tiago Alves e do profesor de filosofía no IES Fraga do Eume, José Antonio Lozano, premiado en 2016 polo relato “A aranha de Sidney”.

   Parabéns para “Chiqui”.

CARMEN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, PREMIO EXTRAORDINARIO DE SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Tagged:

   Carmen, tras realizar un exame específico, logra un dos 20 premios convocados e ós que se podía presentar aquel alumnado que cursase cuarto de ESO en Galicia e que obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. 

   Felicitada polo alumnado e profesorado do centro, comentaba a súa receita: “ser constante e aproveitar o tempo en clase para levar o traballo académico ao día”.  “A organización do estudo e traballar con esquemas é vital para ter tempo para todo: estar coa familia e amigos e gozar das miñas grandes afeccións: a lectura e a escritura”.

   Carmén, que deu neste curso o salto a bacharelato na modalidade de humanidades, seguirá a traballar duro, para obter bos resultados e matricularse dentro de dous anos na facultade de Historia, a súa materia preferida. “Desde ben pequena e por influenza do meu pai, sinto algo moi especial pola historia”.

   Parabéns para Carmen!

ESCALADA EN PAREDE DE ROCA E VISITA DIDÁCTICA GUIADA Á CIDADE DA CULTURA (6-11-2019)

   Con gañas de alcanzar o cume chegamos sobre as 11 á instalación de Indoorwall en Santiago de Compostela onde o alumnado de 4º ESO e 1º BAC experimentou a sensación da escalada nun entorno atractivo, completamente seguro e sen choiva, que coa que estaba caendo fóra, isto soubo a gloria. 

  Despois de xantar demos un paseo polas rúas e prazas de Santiago e rematamos a xornada no GAIÁS, onde participamos nunha visita didáctica guiada para coñecer máis de cerca os segredos da ambiciosa obra arquitectónica símbolo da Galicia contemporánea.

SAMAÍN 2019

Tagged:

   O IES Fraga do Eume abre as portas entre o mundo dos vivos e dos mortos, e para escorrentar aos espíritos con malas intencións convocamos un certame literario “relatos terroríficos”, demos lectura en diferentes idiomas a contos de terror, decoramos as portas de aula que daban medo, realizamos un obradoiro para o tallado de cabazas e ata fixemos o conxuro da queimada.

   Aquí vai unha presentación de diapositivas para lembrar o acontecido.

   Parabéns pola vosa participación!

Distribuir contido