IDIOMAS DO MUNDO 2018

Enviado por prof_mvr o Ven, 02/03/2018 - 07:22

 

Aberto do 5 ao 28 de marzo o prazo de inscrición para Idiomas do Mundo 2018.

E convócase unha reunión informativa para o alumnado interesado e as súas familias o luns 12 de marzo ás 19:00h no Centro Cívico Municipal dos Mallos.

 

Entre hoxe  emañana os centros educativos de secundaria recibirán do Servizo Municipal de Educación  o material gráfico –o cartel e o folleto- da convocatoria do programa educativo municipal IDIOMAS DO MUNDO 2018, organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, para a súa difusión entre o alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato dos centros do concello.

 

O programa educativo “IDIOMAS DO MUNDO” ofrece a oportunidade a 71 alumnas/os de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2018, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de xeito oficial o nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL); ademáis de participar nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación dos participantes no respecto á diversidade e á igualdade, ao tempo que lles permita avanzar o seu desenvolvemento persoal.

 

A convocatoria e as bases (e anexos) pódense consultar na web www.edu.coruna.es/portada e o luns 5 de amarzo  habilitaráse a ficha de inscrición en liña.