Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2018-2019

Actividades curso 2018-2019

Alumnos de 1º ESO reciben o 2º e 3er premio da I Edición dos Premios Isabel Zendal

Ryu Tenreiro e Javier Cámara, reciben o segundo e terceiro premio respectivamente da I Edición dos Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico, outorgados pola Universidade da Coruña.

O obxectivo dos premios é promover os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas.

Os traballos foron supervisados por Noemí Díaz, profesora de Bioloxía e Xeoloxía, con quen previamente traballaron a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional como ferramenta para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, así como a aplicación do método científico de cara a destapar ás pseudociencias e recoñecer a manipulación e difusión de noticias e crenzas falsas.

La Voz de Galicia (2 de xullo de 2019):

Alumnos de 2º BACH e a Directora Isabel Ruso en Radio Coruña en directo da Cadena SER: Selectividade

Interveñen os alumnos Cristina Taboada, Miguel Ramírez y  Antonio Maroño.

 

AUDIO:

 

Teñen a palabra ..... Grandes monologuistas interiores

"Teñen a palabra ..... Grandes monologuistas interiores".

Este título recompila unha serie de monólogos interiores realizados polo alumnado de 4 ESO C e D, coordinados pola súa profesora de Lingua galega e literatura, Teresa Pastor Novo. Logo de estudar a narrativa dos anos 60, focalizda sobre todo na Nova Narrativa Galega, o dito alumnado elaborou os seus traballos seguindo a técnica da "corrente de conciencia", emulando o célebre personaxe de Balbino, de "Memorias dun neno labrego". Asemade, esta actividade serviu para renderlle unha merecida a o insigne escritor Xosé Neira Vilas.

TRABALLO TRIMESTRAL BIOLOXÍA E XEOLOXÍA. 1º DE ESO (A e D)

Investigación e documentación realizada polo alumnado sobreespecies animais ou vexetaisdos mares da nosa contorna próxima. describindo o lugar que ocupa e a importancia que teñen no ecosistema, as relacións que teñen con seres vivos doutras especies que comparten o seu hábitat, se se atopan en perigo de extinción ou non, e o que suporía a súa eliminación no ecosistema, facendo fincapé en cales poderían ser as consecuencias para nós.

Os traballo será incluido dentro do Programa Proxecta “O Noso Mar, o noso sustento” que estamos a desenvolver todo o alumnado de 1º de ESO.

Coordinado por Nuria Berdiales Nortes (Profesora de Bioloxía e xeoloxía).

VÍDEOS:

Antonio Pérez

Celia Estévez, Olivia Pato e Andrea Rodríguez

Celia Veiga, Ha Nul Kim, Sofía Martínez

Claudia Deus, Teo García e Elba Cardesín

Elsa Tomé

Jorge Estévez, Eduardo Milia, Nicolás Rodríguez, Iago González e Antonio Padín

Julia Medín, Miriam Cea e Ainara Gomes

Mario Pérez, Pablo González, Xairo Pena e Juan Pablo Ríos

Santiago Vilas, Antón Fuentes, Samuel Sanmartín, Alfonso Salazar e Meteo Dieste

Usué Valencia, Alba Neira e Sabela Seijal

Lucas Piñeiro, Leila García, Simran Vasco e Silvia Carballo

Charla do enxeñeiro Héctor Gómez Díaz

O enxeñeiro monfortino de camiños Héctor Gómez Díaz, actualmente na Purdue University, dou unha charla moi interesante dirixida ao alumnado de ciencias de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Estivo acompañado pola responsable de premios, Íngrid Aznar Juncà,da Fundación Princesa de Girona (que premiou a Héctor Gómez) e polo Xefe Territorial de Educación da Coruña Indalecio Cabana.

Envía o teu nome a Marte !!!

 Podes enviar o teu nome a Marte na misión Mars 2020 da NASA. Está programada para ser lanzada en xullo de 2020 dende Cabo Cañaveral, e espérase a súa chegada en febreiro de 2021 no cráter Jezero. Ten como obxectivo investigar o entorno astrobiolóxico, procesos xeolóxicos, habitabilidade, etc.

Graduación da promoción 2º Bacharelato 2019 diúrno

O 16 de maio celebramos a festa de graduación do alumnado de 2º de bacharelato diúrno. Fixemos a macro foto nas escaleiras ás seis en punto e logo desprazámonos ao salón de actos da Facultade de Economía e Empresa que xentilmente nos cede o Decanato desa facultade e a Universidade da Coruña. Alí dirixiuse aos presentes en nome do claustro o catedrático de Matemáticas Don Mario Juiz López, e respondéronlle, en nome do alumnado, Lucía Granados Pazos y Pablo Besiga González-Tejero. A presentación do acto estivo a cargo dos alumnos Azahara Palombo Abeleira e Manuel González Balayo. Actuaron Pablo Besiga, Marcos Rodríguez, David Twine, Manuel Gómez e Alejandro Paredes. Esta promoción foi particularmente boa: temos propostos para matrícula a once graduados. Parabéns á promoción do 2018-19, ás súas familias, e ao seu profesorado!

Noticia na Voz de Galicia:

Xa están as fotos:

 

Celebración das Letras Galegas 2019

O Eusebio da Guarda celebrou a Semana das Letras Galegas cunha exposición adicada ao homenaxeado de 2019 Antón Fraguas.

Visita ao Museo Militar no Día dos Museos


Con motivo da celebración do día dos museos, os alumnos de 2 ESO A participaron na "búsqueda do tesouro" no museo militar. Actividade que gozaron e lles permitiu coñecer máis sobre a historia de España.

Visita ao Pazo da Ópera

Alumn@s de 3 ESO e Bacharelato asistiron ao Pazo da Ópera ao Ensaio do concerto n. 4 de Beethoven coa OSG.

Alumnos de 2º Bacharelato co Premio Nobel Ben Feringa

Alumnos de 2º Bacharelato acudiron á charla do Premio Nobel de Química 2016 Ben Feringa polo deseño e síntese de máquinas moleculares. A charla The art of building small: talking to a Nobel Prize Winner impartiuse no CiQUS e foi dirixida a representantes de alumnos de 2º Bach de Galicia.

Os alumnos Nacho Cancela, Miguel Ramírez e Roberto Bermúdez de Castro, así como os profesores de Química Fernán García e Pedro Rodríguez fotografiánse co Nobel Ben Feringa.

 

Celebración do Festival da Francofonía

O festival da Francofonía de Vilanova de Arousa

 

O pasado martes, día 7 de maio, o noso centro participou por quinta vez consecutiva neste festival que vai xa pola súa decimo primeira edición.

Organizado por Nieves Vecilla, profesora de francés do I.E.S. A Basella, desta vila arousana, trátase dun festival de música no que este ano participamos dezanove institutos públicos de  toda Galicia.

O I.E.S.P. Eusebio da Guarda presentou 6 cancións francesas dunha variedade certamente ampla. Dende a de corte mais infantil “ Un monde parfait” ata  o clásico “Champs Élysées” para seguir coa reivindicativa “Frontières” de Yannick Noah ou  a soñadora “Si” de Zaz sen esquecer o ritmo de “Ta main “ de Claudio Capéo, tan de moda actualmente en Francia. Non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer unha  pequena lembranza do recentemente desaparecido e  inesquecible Charles Aznavour, así que cantamos unha das súas cancións mais coñecidas polo público do mundo enteiro: “Formidable”.

Os protagonistas de todo isto foron os alumnos de 1º e 2º da ESO que ademais de cantaren puideron gozar dunha xornada festiva con rapaces doutros centros de ensino. Mágoa de non podermos ir este ano xantar na praia coma víñamos facendo en anos anteriores, pero o tempo non acompañou.

Isto constitúe para todos os alumnos un primeiro acercamento de carácter lúdico a unha  lingua estranxeira que, na maior parte dos casos, resulta nova cando acceden aos estudos de 1º da ESO. Xa estamos pensando na cita do 2020. Vémonos en Vilanova. Vive la Francophonie!!!!

 

Vídeo:

Retransmisión en directo:

3º de ESO participa en Correlingua

Actividade organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.

Concurso de deseño dun logotipo

Convócase un concurso dun logotipo no instituto:

Charla sobre Rock and Roll Milestones

Impartida por James Orange para alumnos de 3º e 4º de ESO.

Ruta Pondaliana para 1º BACH

Organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística e acompañodos polos profesores Paco Charlín, Carmen Edreira, Manolo Varela e Beni Vidal.

Distribuir contido


by Dr. Radut