Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Celebración do Festival da Francofonía

O festival da Francofonía de Vilanova de Arousa

 

O pasado martes, día 7 de maio, o noso centro participou por quinta vez consecutiva neste festival que vai xa pola súa decimo primeira edición.

Organizado por Nieves Vecilla, profesora de francés do I.E.S. A Basella, desta vila arousana, trátase dun festival de música no que este ano participamos dezanove institutos públicos de  toda Galicia.

O I.E.S.P. Eusebio da Guarda presentou 6 cancións francesas dunha variedade certamente ampla. Dende a de corte mais infantil “ Un monde parfait” ata  o clásico “Champs Élysées” para seguir coa reivindicativa “Frontières” de Yannick Noah ou  a soñadora “Si” de Zaz sen esquecer o ritmo de “Ta main “ de Claudio Capéo, tan de moda actualmente en Francia. Non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer unha  pequena lembranza do recentemente desaparecido e  inesquecible Charles Aznavour, así que cantamos unha das súas cancións mais coñecidas polo público do mundo enteiro: “Formidable”.

Os protagonistas de todo isto foron os alumnos de 1º e 2º da ESO que ademais de cantaren puideron gozar dunha xornada festiva con rapaces doutros centros de ensino. Mágoa de non podermos ir este ano xantar na praia coma víñamos facendo en anos anteriores, pero o tempo non acompañou.

Isto constitúe para todos os alumnos un primeiro acercamento de carácter lúdico a unha  lingua estranxeira que, na maior parte dos casos, resulta nova cando acceden aos estudos de 1º da ESO. Xa estamos pensando na cita do 2020. Vémonos en Vilanova. Vive la Francophonie!!!!

 

Vídeo:

Retransmisión en directo:



blog | by Dr. Radut