Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2018-2019

Actividades curso 2018-2019

Celebración do Entroido 2019

Concursos de lambonadas de Entroido para escoller o mellor postre, feitas por alumnos de ESO e por profesores. Festivales de comparsas de 1º e 2º de ESO, concurso de máscaras...

 

Pregón das Formigas 100tíficas, por Antonio Fondo:

Cantares de cego

O alumnado de 1 BACH A, B, C e F estivo estudando a literatura popularizante de tradición oral nos Séculos Escuros no segundo trimestre deste curso. Como complemento á teoría, elaboraron cantares ou romances de cego (cantar e maltraña ou cartelón),  coordinados pola súa profesora de Lingua galega e literatura, Teresa Pastor Novo. Hoxe unha parella de alumnos de 1 BACH A,  Sara Miguel Reboiras e Gonzalo Alcalá Zamora Dorrego, fixo unha posta en escena na aula, diante dos seus compañeiros.

Europe Direct Coruña: Eurocharla "Que fai Europa por min?"

Mellorar o coñecemento sobre a UE e implicar á xuventude na construción de Europa, fomentando o coñecemento das oportunidades que ofrece a UE.

Intercambio con Stamford 2019: alumnos ingleses na Coruña

Un grupo de estudiantes ingleses acaba de pasar unha semana na nosa cidade como parte do Intercambio entre IES Eusebio da Guarda e Stamford Endowed Schools, nunha actividade organizada pola profesora de Inglés Mª José Pereira.

As Cantigas dos alumnos, IV parte

Fai clic na imaxe para velo. Hai máis Cantigas en "A artesa do Eusebio".

Charla da empresa Altia Consultores cos alumnos de TIC-II

 

O pasado oito de febreiro os enxeñeiros Diego Perdomo e Alejandro Tuñas, da empresa Altia Consultores, deron unha charla sobre salidas profesionais no mundo das TIC, as súas experiencias e vida profesional aos alumnos de TIC de segundo de bacharelato.

A pasión que amosaron foi recoñecida por todos eles. Esperamos repetir!.

As Cantigas dos alumnos, III parte

Fai clic na imaxe para velo.

CIENCIA EN FEMININO: Charla “A melena das estrelas” impartida por Estíbaliz Espinosa

Estíbaliz Espinosa, escritora e divulgadora científica, impartiu unha charla dirixida ao alumnado de ciencias de 1º e 2º de Bacharelato con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A actividade estivo organizada polo Departamento de Física e Química.

Miniseries de radio de conferenciante sobre mulleres científicas:

Libro dixital ilustrado da conferenciante:

 

Visita á refinería do alumnado de bacharelato

Un grupo de 25 alumnos de Bacharelato visitaron a refinería de Repsol dentro da materia de Tecnoloxía Industrial que están a cursar.  Foron acompañados polos profesores Rosa Fernández Salmonte e Mario S. García González.

Os alumnos puideron coñecer o interior das instalacións a través dun itinerario guiado polo técnico David García González. O percorrido incluía unha introdución e breve explicación da refinería e as súas funcións no seu auditorio e unha ruta pola planta industrial onde puideron ver as diferentes unidades do proceso produtivo.  

 

As Cantigas dos alumnos, parte II

Fai clic na imaxe para velo.

Intercambio con Italia: 50 alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato do noso Instituto en Verona

50 alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato están de intercambio con Verona dende o 8 ao 15 de febreiro, acompañados polas profesoras Carmen Aquino, Teresa Fraga, Beni Vidal e a directora Isabel Ruso.

En TGVerona:

 

 

As Cantigas dos alumnos, parte 1

 

O pasado mes de outubro creouse un novo blog para a dinamización da língua galega: "A artesa do Eusebio". Neste blog publicáronse os traballos que sobre as Cantigas fixo o alumnado de 3º da ESO. A foto leva ao enlace a o primeiro dos traballos, que seguro vanche a sorprender.

Concurso de árbores de Nadal. E o premiado é...

Premiado 2ºA de ESO. NORABOA!

2ºA nos churros con chocolate (facer clic na imaxe para ver máis fotos):

Celebración do Día Escolar da non Violencia e da Paz

Este ano elaboramos unha actividade conxunta co colexio para celebrar o día da Paz e a non violencia buscando unha participación integradora e colaborativa que implicou a todo o alumnado e profesorado de 1º e 2º de ESO e todo o aumnado do CEIP que cantaron xuntos dúas cancións pola paz, unha marchosa (Paz, Saurom) e a outra en lingua de signos (Chea de vida) e derrubado (feito realizado por alumnos máis pequenos do colexio) un muro cheo de mensaxes negativas que separaba os dous centros e buscaron encher a praza de Pontevedra de mensaxes positivas de paz, liberdade, igualdade..

 

 

Mostra de humor gráfico de xente miúda

Presentouse unha exposición sobre humor gráfico que recolle o traballo realizado polas alumnas e alumnos de 4º de ESO C e D, coordinado pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura Teresa Pastor Novo. O acto serviu para explicar o motivo da exposición (homenaxe a Castelao e honrar as vítimas do seminario satírico francés Charlie Hebdo) e tamén para que unha representación do alumnado lese dous manifestos, un contra a intolerancia e a liberdade de expresión, e o outro para denunciar o maltrato cara á muller.

Charla da escritora Antía Yáñez Rodríguez

Charla sobre “O misterio de Portomarín” pola autora Antía Yáñez Rodríguez, dirixida ao alumnado de 1º de ESO. Foi organizada polo Departamento de Lingua Galega.

Distribuir contido


by Dr. Radut