Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

II Maratón de Lectura Solidario

 (fai clic para ver as fotos)

Tras o éxito da primeira edición, celebrada o curso pasado, onte 23 de febreiro celebramos o Maratón de Lectura no salón de actos. Desde primeira hora, moitos voluntarios, foran alumnos, ensinantes, amigos,... amosaron a súa vontade de manter a chama da nosa lingua acesa sen interrupcións ata as dez da noite. E non só iso. Unha urna serviu para recoller os donativos que serán entregados á Cociña Económica da nosa cidade. Pronto actualizaremos esta información para dicir canto se recolleu. Grazas a todos por participar!

 


 

As receitas escolares, agora en libro

En decembro os alumnos de primeiro da ESO traballaron arreo (xunto con algúns pais) co gallo de obter os mellores doces. Daquel traballo xa puxéramos un vídeo. Agora podes ver o libro, en alta definición.

 


 

Sorteo da Lotería Nacional en A Coruña

 

O pasado sábado 21 de febreiro celebrouse o sorteo da Lotería Nacional na nosa cidade, conmemorando a figura do xenial pintor Picasso. Un grupo de alumnos da ESO foron convidados a participar activamente nel, como se pode ler no artigo que La Voz de Galicia publicou, asemade das fotos do acto (fai clic na primeira imaxe). De seguro que os participantes non olvidarán a experiencia. Noraboa!


 

Antroido 2015

Se queres ver as fotos, fai clic na imaxe.


 

O primeiro Picasso. A Coruña 2015

Este vídeo é a presentación da exposición que hoxe, 19 de febreiro de 2015, inaugurarán as SS. MM. os Reis de España sobre a vida e a obra deste xenial artista que pasou os seus días mozos na nosa cidade e no centenario instituto.

Enlaces libres sobre a nova:

 


 

 

Preparando o 125 aniversario do Eusebio

 

O pasado 8 de Febreiro publicouse no diario La Voz de Galicia un artigo no que se pide a toda a cidadanía, e aínda máis, a todo aquel que tivera directa ou indirectamente unha relación co noso instituto, a súa colaboración, achegando documentos, fotos ou calquera obxecto interesante que puidera ter, co gallo de facer unha celebración do 125 aniversario cunha morea de lembranzas de tempos nos que a mar mollaba os pés do noso templo os días de temporal no lonxano branco e negro.

Podes ler o artigo facendo clic na imaxe. Non esquezas a dirección para facernos chegar eses anacos da historia do Eusebio que teñas, que son retrincos da historia desta cidade:

eusebio125aniversario@gmail.com

 


 

Festa da Chandeleur 2015

Durante esta semana e maila pasada, nas clases de francés estivemos festexando a "Chandeleur". Festa tradicional en Francia cunha orixe relixiosa (a presentación do neno Xesús no templo aos corenta días do seu nacemento) pero tamén pagana, ainda moito mais antiga, con rituais de purificación da terra mediante o lume,  para levar a cabo  unha boa semente e posteriormente unha boa colleita. No que atinxe á  gastronomía o prato por excelencia son as "crêpes" elaboradas con fariña de trigo "sarrassin ou froment", que representa a riqueza da terra.

(fai clic para velas todas)

 
Primeiramente cunha sesión de inmersión no significado da festa (orixes, refraneiro, ritos ancestrais da cultura bretona, receitas) para pasar logo a degustar unhas deliciosas crêpes elaboradas polos nosos alumnos ... Para enriquecelas un pouco mais, se cabe, engadímoslles doce de leite, nata, xarope de chocolate, zucre e moitas cousas mais. Vive la Chandeleur!!! "

chandeleur.jpg


 

 

Dous sinxelos motores eléctricos

O alumno de 2º da ESO Alfredo Chavert Sancho fixo polos seus propios medios estes dous exemplos de sinxelos motores eléctricos. Parabéns!


 

 

Premiados no taller de Robótica da Fundación Barrié

(fai clic na foto para acceder ao álbum)

 

Os alumnos Álvaro Martínez-Feijoo, Pablo Solleiro, Aldana Sarabia e Melissa Urquiola, xunto á profesora de Tecnoloxía Rosa Fernández Salmonte, acadaron o terceiro premio (ESO) no sétimo concurso galego de robótica, o pasado 6 de febreiro.

Esta competición, feita dentro dun contorno de aprendizaxe desenvolvido pola Fundación Barrié no seu programa educaBarrié, foi organizada por Igaciencia, Institución Galega de Ciencia, e participaron 1300 alumnos. Parabéns!

 

 

Actualización 22 febrero: Velaiquí os vídeos do acto.

 


 

III Xogos Escolares, curso 2014-15

Nestes días estase a celebrar os III Xogos Escolares - Curso 2014-15, organizados polo Excmo. Concello de A Coruña. Aquí tedes o enlace aos resultados dos encontros disputados, nos cales participan tres equipos do noso centro. Ao final desa páxina fai clic nos enlaces a "Resultados Fútbol 7" e "Resultados Fútbol 11" para acceder ao ficheiro.

Boa sorte a todos os participantes!


Celebración do Día da Paz 2015

A pesares da intensa chuvia e dun invernal vento, os alumnos saíron o pasado venres 30 de xaneiro a celebrar con globos e bos desexos o Día Mundial da Paz, facendo o seu ofrecemento a carón da inmortal estatua da Paloma de Picasso.


 

Resultados da Olimpiada Matemática Galega

Celebrada a Olimpiada Matemática Galega, outra vez temos que felicitar, e que sigan, a Gonzalo Cao (Medalla de Ouro) e a Pedro Tomé (Mención de Honra). Na foto posan para La Voz de Galicia, clicando poderás ler a crónica. Parabéns!

 


 

 

Obradoiros de Prensa no Ágora

O noso concello ven de organizar obradoiros de prensa dirixidos a estudantes de entre 3º da ESO e 2º de BACHARELATO dos centros educativos públicos, concertados e privados da cidade. Trátase dunha acción educativa organizada e realizada por xornalistas da Asociación da Prensa da Coruña. Cada un dos obradoiros – cunha participación de até 25 alumnos/as por obradoiro- durará 2 horas e se desenvolverá no Ágora. Impartirase un por día, tres días á semana en horario de 10.00 a 12.00 h.

Máis información facendo clic aquí.


 

 

11º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2015

Facendo clic na imaxe atoparás máis información e o boletín para inscribirte. Lembra que o prazo remata o 10 de marzo.

Sorte!


 

A revista "Alén da Chuvia" ven de ser recoñecida

O pasado decembro recibimos con agrado o comentario que D. Manuel Bragado Rodríguez fixo no seu blog "Brétemas" sobre a nosa revista literaria "Alén da Chuvia".

Podes lelo clicando na foto.

Grazas!


 

Receitas de 1º da ESO

Decembro foi mes de cociña para moitos dos nosos alumnos. Moitos deron o mellor deles facendo grandes receitas. E as documentaron para compartilas convosco. Se queres velo con gran calidade selecciona HQ neste enlace.

Actualización 22 de febreiro: Podes ver as receitas en modo libro neste enlace.


 

Festa en 1º da ESO

Co gallo de agasallar aos alumnos de primeiro da ESO polo seu esforzo na decoración das clases no pasado Nadal, agás dunhas excelentes actuacións, disfrutaron dun rato de lecer acompañado de petiscos e refrescos... hai que dicir que duraron máis ben pouco nas mesas?


A nos crayons, citoyens!

Onte pola mañá, os alumnos que participamos no intercambio con Fontenilles (Francia) decidimos saír á rúa, en solidariedade cos nosos amigos. Sabemos que  os acontecementos que tiveron lugar hai uns días, teñen a todo o pobo francés cheo de angustia e preocupación.

 

 Na foto, amosamos uns lapis, que son tamén as nosas “armas”, as que nos deixan mostrar ante os demais o que aprendemos día a día, pero que  tamén saben dos nosos sentimentos, dos nosos soños, das nosas opinións ... parce que nous aussi, nous sommes Charlie.

 

Parece que esta idea gustou aos profesores e alumnos de collège Irène Joliot-Curie e onte pola tarde xa nos estaban escribindo, dándonolas grazas, velaquí algo do que dicían...

…… "mer. 14 janv. à 19:34

 

Merci beaucoup pour la transmission de ce message, qui nous a tiré des larmes. Cette solidarité internationale, fruit des échanges et des liens tissés au cours des dernières années ne pourra pas être rompu à cause de quelques excités... Nous sommes persuadés que l'ouverture d'esprit créée par ces rencontres et ces voyages permettra à nos élèves d'éviter le piège de la haine de l'autre...

Encore merci

 

Bises"


Decoración das aulas no Nadal 2014

Co gallo da chegada das vacacións de Nadal, os aularios de 1º e 2º da ESO fixeron unhas decoracións especial, tanto das aulas coma deles mesmos, desbordando, coma sempre, coa súa imaxinación e bo humor aos membros do xurado. Podedes ver as fotos clicando sobre elas, e mesmo os videos que amosan a súa creatividade. Parabéns!

 

Queda moi pouco para anunciar aos gañadores. Atentos!


 

Presentación dun libro sobre Picasso

Coa participación do Excmo. Sr. Alcalde do Concello, o pasado 18 de decembro foi presentado o libro "Picasso Azul y Blanco. A Coruña: El nacimiento de un pintor", escrito por Elena Pardo e Rubén Ventureira. Este acto engádese a moitos outros que se veñen facendo para situar a nosa cidade como un importante vértice na vida do xenial artista universal.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut