O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar na Fase Final do Campionato de Bádminton, do programa Xogade, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.
A saída cara o Pavillón deportivo de SERRA DE OUTES, onde se realizará a proba, será o día 20 de abril de 2022, as 9:15 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.
Os participantes serán o alumnado de 1º ESO, que se clasificou na primeira fase.
A actividade é totalmente gratuíta
O profesorado acompañante será:
- Yolanda Miranda
- Francisco Javier González
A relación de participantes clasificados para a fase final pódese consultar no foro de novas da aula virtual, no curso Educación Física de 1º ESO
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |