O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar nun Campionato de Bádminton do programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.
A saída cara o Pavillón deportivo de SERRA DE OUTES, onde se realizará a proba, será o día 20 de decembro de 2021, as 9:20 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.
Os participantes serán o alumnado de 1º ESO, que se clasificou nos partidos que se desenvolveron no instituto. Neste caso estamos limitados a 10 prazas para a categoría infantil feminina e a 10 para a masculina.
A actividade é totalmente gratuíta
O profesorado acompañante será:
- Yolanda Miranda
- Francisco Javier González
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |