Iniciar sesión: Acceso

AVISO ÁS FAMILIAS

O IES Eduardo Pondal, co obxectivo de incorporar as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) como un recurso educativo ordinario, está a desenvolver unha serie de actividades entre as que se encontra a posta en marcha de G Suite for Education, que é unha solución integrada de comunicación e colaboración que Google ofrece gratuitamente aos centros educativos e que comprende ferramentas como correo electrónico, calendario, google drive (nube de almacenamento de ficheiros)...

 Para que o alumnado teña a posibilidade de facer uso destas ferramentas, é necesario dispor dunha conta de correo electrónico, para o cal, dende o centro se lle proporciona unha de tipo institucional, que se inutilizará unha vez o seu fillo/a remate os estudos neste centro. A conta ten o formato nome.apelido@ieseduardopondal.org.

 A conta de correo é soamente para uso educativo, é de uso voluntario e está restrinxida para o alumnado da ESO (soamente se poden enviar e recibir correos dos dominios “ieseduardopondal.org” e “edu.xunta.es”).

 Porén, se algún pai, algunha nai ou titor/a legal se opón a que o seu/súa fillo/a dispoña de dita conta, soamente terá que comunicalo perante a dirección do centro. Nese caso a conta do seu/súa fillo/a será dada de baixa.

 

 

Servizos complementarios

Últimos Artigos

Rede Conxo-Compostela Sur

Eventos

« Novembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30