Infórmate

 

Benvida

Benvidos ao novo sitio web do IES Eduardo Pondal

Somos un centro de ensino público que oferta o Ensino Secundario Obrigatorio e o Bacharelato (nas modalidades Científica e Humanístico-Lingüística).O I.E.S. Eduardo Pondal foi creado no ano 1978 como primeiro Instituto mixto da cidade de Santiago que viña a completar a oferta educativa dos xa tradicionais masculino e feminino, ó entrar en vigor a Lei Xeral de Educación.  Recibiu o nome de Eduardo Pondal por estar este insigne escritor galego ligado ó barrio, por mor dun Banquete que tivo lugar na carballeira de Conxo en 1856 e que constituíu un fito importante no Rexurdimento da literatura galega.  Construíuse á beira do Camiño Novo e da estrada de Circunvalación, no que se chamou en tempos a Agra das Barreiras, á entrada do barrio de Conxo

Powered by Drupal - Design by artinet