Skip to Content

Complementarias e extraescolares

ACTIVIDADES XANEIRO

VISITA AO INE

Durante os mércores do mes de Xaneiro, o alumnado de 1º bacharelato de Matemáticas I e Matemáticas aplicadas ás CCSS I, e o alumnado de Métodos Estatísticos de 2º de Bacharelato visitou o INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA de Ourense, onde recibiron unha charla moi interesante sobre o seu traballo diario. Ademais, ensináronlles todas as instalacións e puideron falar con todo o persoal dos distintos departamentos. Sen dúbida, unhas xornadas moi interesantes nas que puideron aprender moito sobre o traballo estatístico, tanto teórico como práctico.

 

PARTICIPACIÓN NO VI TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA

Un ano máis o departamento de Filosofía do noso centro animou ao noso alumnado de 3º e 4º ESO para participar no torneo. Tanto o grupo de 3º ESO como o de 4º ESO fixeron un moi bo traballo e volveron moi contentos da experiencia. Noraboa pola vosa participación!

 

 

Rally Matemático 2023

GAÑADORES NA FINAL GALEGA DO RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS!


Parabéns ao noso alumnado de 1º da ESO A que acadaron o primeiro premio na fase final galega do Rally Matemático que está organizado pola Asociación IGACIENCIA. O equipo formados por 8 alumnas/os, xa están preparando o Roteiro Matemático en Madrid pois, este ano, suspendeuse a fase final internacional do Rally que se celebra anualmente en Toulouse.

 

 

Programa "Coñece Ourense"

As profesoras Sira González e Ana Pita, xunto co alumnado de 3º da ESO PMAR e de 4º de ESO fixeron unha saída á Ribeira Sacra. Esta saída forma parte do programa "Coñece Ourense" organizado pola Deputación de Ourense.

St. Patrick's Day

Celebrating St. Patrick's Day dressed in GREEN

Distribuir contido


by Dr. Radut