Skip to Content

ACTIVIDADES XANEIRO

VISITA AO INE

Durante os mércores do mes de Xaneiro, o alumnado de 1º bacharelato de Matemáticas I e Matemáticas aplicadas ás CCSS I, e o alumnado de Métodos Estatísticos de 2º de Bacharelato visitou o INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA de Ourense, onde recibiron unha charla moi interesante sobre o seu traballo diario. Ademais, ensináronlles todas as instalacións e puideron falar con todo o persoal dos distintos departamentos. Sen dúbida, unhas xornadas moi interesantes nas que puideron aprender moito sobre o traballo estatístico, tanto teórico como práctico.

 

PARTICIPACIÓN NO VI TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA

Un ano máis o departamento de Filosofía do noso centro animou ao noso alumnado de 3º e 4º ESO para participar no torneo. Tanto o grupo de 3º ESO como o de 4º ESO fixeron un moi bo traballo e volveron moi contentos da experiencia. Noraboa pola vosa participación!

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Desde a dirección do IES Eduardo Blanco Amor, convidámosvos a unha xornada de portas abertas:

 

 

ENTROIDO 2024

Clicar na imaxe para ver o vídeo sobre a participación no Entroido 2024 do IES Blanco Amor

 

CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES:

Calendario de exames de materias pendentes de cursos anteriores:

 

FELICITACIÓN DE NADAL DO IES

Clicar na imaxe para ver o vídeo.

LEMBRANZA DE EDUARDO BLANCO AMOR - 2023

Clicar na imaxe para ver o vídeo

Distribuir contido


by Dr. Radut