Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Concurso de repostería. Sobremesas de Entroido

BASES DO CONCURSO
Sobremesas de Entroido
 A participación ha de ser por clases. 
Elaboraranse sobremesas típicas de entroido. 
 Deben colocarse nun soporte (bandexa, cesta, caixa…), adornado con motivos propios destas festas.  
 Incluirase tamén a receita dunha das sobremesas a ordenador, redactada en galego e noutra linguas, a escoller: francés, inglés, italiano, catalán, éuscaro ou  portugués. E unha fotografía que recolla o momento da elaboración. Tanto a fotografía como a receita irán dentro dunha funda de plástico. 
 Hai que presentalas o venres 17 de febreiro no segundo recreo, nas mesas instaladas diante da cafetería. 
 Un xurado composto de alumnos e membros do Equipo de Dinamización Lingüística xulgaraas. 
 
—Valorarase a calidade das sobremesas, a presentación das receitas e a orixinalidade da decoración. 
 O premio consistirá nun vale para unha consumición gratuíta (bocata e bebida) para o grupo gañador, o venres 24 de marzo na cafetería do centro. —
Cada grupo poderá degustar as sobremesa que elaborou para o concurso na última hora de clase.