Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Limpeza da ribeira

 

O alumnado de 1º. e 2.º ESO participou o venres, 24 de maio, na segunda edición da limpeza da ribeira de Mugardos. Igual que na outra ocasión tocounos o sector do cabo Leiras e podemos extraer unhas pequenas observacións. Por unha banda, a cantidade de lixo recollida foi menor, o cal representa en si mesmo unha boa noticia. Porén, os plásticos na zona intermareal son cada vez máis pequenos e difíciles de recoller.  Ademais, chamounos a atención que aínda apareceron un número significativo de pilas e, sobre todo, segue a chamar a atención o material de construción aquí depositado hai anos e que aquí continúa a súa fragmentación.